31/07/ 2007

ADEGA solicita a inclusión do Canón do río Mente en Rede Natura

Filed under: Espazos Naturais

ABRANGUE O CORREDOR BIOLÓXICO ENTRE O INVERNADEIRO E A RESERVA NATURAL DE MONTEZINHO

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) solicita á Consellería de Medio Ambiente que inclúa o corredor biolóxico entre o Parque Natural do Invernadeiro (Ourense) e a Reserva Natural de Montezinho (Tras os Montes-Portugal).
(more…)

A demarcación de costas contribúe á destrucción do litoral

Filed under: Litoral

O organismo que debe garantir a protección do litoral promove actuacións que destrúen hábitats prioritarios


 A Dirección Xeral de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, está promovendo actuacións agresivas no litoral de Carnota. Trátase dun paseo marítimo na praia do Pindo que está a degradar a sensíbel área dunar e a xunqueira litoral neste contorno.
(more…)

Costas intenta agredir a praia e lagoa de Vilariño (Cangas) cun proxecto de paseo disfrazado de recuperacion ambiental

Filed under: Litoral

Luita Verde alegou (adxuntamos copia do texto) o 3 de abril de 2006 ó proxecto de “RECUPERACIÓN AMBIENTAL DO ENTORNO DA PRAIA E MARISMA DE VILARIÑO, T.M. CANGAS (PONTEVEDRA)”, promovido pola Dirección Xeral de Costas a traveso do seu Servicio Provincial en Pontevedra, dependentes do Ministerio de Medio Ambiente; o 5 de febreiro do 2007 o Director Xeral de Costas aproba o pliego de particularidades que rexirá a contratación do proxecto e resposta ás alegacións; e o 21 de marzo do 2007 Luita Verde apresenta en tempo e forma Recurso de Reposición á aprobación do proxecto (adxuntamos copia do texto noutro arquivo), Recurso do cal non obtivo dentro dos tres meses regulamentarios resposta por parte da Dirección Xeral de Costas. Sin ser contestado o Recurso, polo contrario, se presenta en xullo a nivel mediático a adxudicación definitiva do proxecto nos medios de comunicación locais.
(more…)

Troiticidio no Río Sar, un ano sen reposta

O desleixo de Augas de Galiza por atopar aos culpables evidencia a indefensión dos veciños


O 17 de xullo do ano 2006 un verquido industrial iniciado na zona de Conxo provocou a morte de centos de troitas e escalos no río Sar ao seu paso polas parroquias de Vidán e Laraño.
(more…)

ADEGA alerta contra a chegada do mexilón cebra

A imparábel expansión do mexilón cebra (Dreissena polymorpha) que xa invadíu a cunca do Ebro e ameza con estenderse á do Norte, esixe medidas de control e prevención por parte das administracións e dos particulares. O principal vector de introducción é o trafego de embarcacións dende zonas contaminadas, polo que ADEGA solicita tamén a colaboración de entidades como as federacións de pesca, os clubes de deportes fluviais, as empresas de turismo de aventura e a cidadanía en xeral para retrasar a aparición deste especie en Galiza.
(more…)

28/07/ 2007

O CES calcula en máis de media tonelada os perdigóns de chumbo caídos na enseada do Bao polo campionato do tiro ao pombiño

Durante a celebración do Campionato de Tiro ao Pombiño, do 6 ao 15 de xullo do 2007, o Colectivo Ecoloxista do Salnés puido constatar como os perdigóns de chumbo empregados durante dito campionato caían constantemente sobre o Humidal Protexido Umia – O Grove.
(more…)

27/07/ 2007

O plasma tamén é incineración, a incineración non é valorización

Filed under: Residuos

“Futuro negro na xestión de residuos de Galiza”


Ante as diversas declaracións dende distintos sectores da administración, anunciando proxectos de tratamento e xestión de residuos baseados na tecnoloxía de plasma, como o das Somozas, a incluir na redacción do Plan Xeral de Xestión de Residuos de Galicia, os colectivos ecoloxistas Amigos da Terra, Coto do Frade, Federación Ecoloxista Galega, Ridimoas, Verdegaia e ADEGA, queremos lembrar que estas denominadas “novas tecnoloxías”, seguen a ser consideradas, pola lexislación estatal e europea, procesos de incineración e, á vista da xurisprudencia europea, a incineración nunca pode ser considerada como un proceso de valorización.
(more…)

As obras de acondicionamento da antiga papeleira de brandía están a provocar un enorme impacto sobre o bosque de ribeira do río sar.

Dende ADEGA-Compostela queremos salientar que, sendo unha actuación positiva a rehabilitación de edificios antigos e emblemáticos en equipamentos turísticos, o impacto sobre o medio natural debe ser mínimo a hora de acometer as obras.
(more…)

26/07/ 2007

Verdegaia presenta unha moción municipal sobre recursos hídricos nos principais concellos galegos

Filed under: Augas e Ríos

A depuración insuficiente e o desperdicio de auga son os principais pontos negros da xestión dos concellos


Con esta moción, Verdegaia pretende trasladar aos concellos a urxente necesidade de acometer unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos que permita mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración, e a conveniencia de adoptar medidas que impliquen a toda a cidadanía fomentando a co-responsabilidade na procura dunha Nova Cultura da Auga.
(more…)

24/07/ 2007

Estudo da relación do lobo co cabalo do monte.

A asociación Asemblea do Suído (Federación Ecoloxista Galega) está a facer un estudo sobre o efecto do lobo ibérico nas poboacións de cabalo en réxime extensivo do sur da provincia de Pontevedra
(more…)

23/07/ 2007

Porque primeiro é o noso litoral, non ao plano acuícola da Xunta

Este sábado pasado, centos de persoas manifestámonos contra a ampliación da piscifatoría de Quilmas (Carnota) exemplo dun Plano Acuícola fortemente insustentábel.


(more…)

ADEGA denuncia a central de Sabón poden entrar en funcionamento sen a autorización ambiental nen licenzas municipais

Apoia así as reivindicacións das veciñas e veciños da parroquia de Oseiro, que temen un aumento da contaminación electromagnética que veñen padecendo desde hai anos
(more…)

S.O.S Matogueiras do Morrazo

Luita Verde alerta sobor da progresiva desaparición nestas últimas tres décadas do monte baixo e de matogueira na península do Morrazo.


 Áreas recreativas, tendidos eléctricos de alta tensión, excavacións, recheos, construcción de pistas de tiro ao prato, de aeromodelismo e de motocross, construcción e ancheado de pistas forestais, masiva presenza de vehículos motorizados, monocultivo de árbores forestais e incendios forestais, son en xeral as principais causas por efecto humano polo que estes ecosistemas naturais están desaparecendo a pasos axigantados na comarca. Lugares de gran importancia na comarca con monte baixo coma o monte da Paralaia, o monte Gagán, Chan das Bolas, Chans de Cela ou Chans de Pastoriza, ó igual que outras áreas como Cabo Udra, Outeiro do Cruceiro ou o Alto da Esculca, están a ser agredidos nas últimas décadas ata a actualidade, en especial dende o último lustro, por moitas das causas mencionadas, a maioría dentro de monte comunal.
(more…)

Verdegaia presenta unha moción municipal sobre recursos hídricos no Concello de Vigo

Filed under: Augas e Ríos

A  depuración insuficiente e o desperdicio de auga  son os principais pontos negros da xestión dos concellos


Con esta moción, Verdegaia pretende trasladar ao Concello de Vigo a urxente necesidade de acometer unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos que permita  mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais da nosa comarca mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración, e a conveniencia de adoptar medidas que impliquen a toda a cidadanía fomentando a co-responsabilidade na procura dunha Nova Cultura da Auga.
(more…)

20/07/ 2007

ADEGA esixe a demolición do encoro do Umia

Filed under: Augas e Ríos

ADEGA sempre expresou, dende que se coñececeu o proxecto desta infraestrutura, a súa postura radicalmente contraria a súa construcción por insustentábel e insolidaria. O proxecto naceu xa cun feixe de irregularidades e ilegalidades, agravadas polaactitude prepotente do daquela conselleiro, Sr. Cuíña. A realidade dos últimos anos veunos dar a razón: o encoro é unha fonte inesgotábel de problemas: Enchentas, algas tóxicas… DEMOLICIÓN XA!
(more…)

19/07/ 2007

A FEG reinvindica un novo platexamento destas obras

As obras na Terra Cha, atentan sobre especies protexidas en Galicia e a UE


A Terra Cha, alberga unha serie de especies moi raras e que atopan poucos terreos para poder vivir e reproducirse. O sisón e o alcaraván son dúas especies que pola súa situación de ameaza, o Catálogo Galego de Especies ameazadas, as sitúa no seu máximo estado de perigo de extinción. Agora unhas obras de ampliación e mellora do regadío que se pretende facer na zona, suporá un grave impacto sobre estas especies tanto polas obras, coma a intensificación agraria que se prevé.
(more…)

ADEGA reune aos colectivos de afectados/as contra o novo Plano Acuícola

Filed under: Litoral

No día de onte, numerosos colectivos de afectados/as e asociacións ecoloxistas reunímonos en Compostela para coordenar as accións de resposta á proposta insustentábel de novo Plano Acuícola presentado pola consellería de Pesca. Acordamos presentar alegacións conxuntas e pormenorizadas ao documento e apoiar as diversas accións que cada plataforma desenvolva a nível local. Como primeira acción, concentrarémonos este vindeiro sábado 21 ás 5 da tarde contra a ampliación da piscifatoría de Stolt en Quilmas (Carnota). Alto á especulación co noso Patrimonio Natural!
(more…)

17/07/ 2007

Vázquez recoñece que non se cumpren a normativa de residuos da UE

A comunidade debería de compostar o 25% dos seus refugallos e  só converte en abono entre un 4 e un 7% ·· Os ecoloxistas lembran que, ademáis, non se reciclan suficientes envases e se realizan máis vertidos dos permitidos

Ver O "el correo gallego"

A FEG reclama a protección da Devesa de Anllares e a restauración da bacía do Xallas ante máis encoros.

Sen resposta ás alegacións presentadas fai un ano.


 A FEG amosa novamente o seu desacordo coa decisión da Consellería de Industria de autorizar a construcción dun novo aproveitamento hidroeléctrico no río Xallas, tal e como fixo anterioremente no mes de xullo de 2006, cando presentou alegacións ao aproveitamento integral de catro proxectos neste rio. A FEG denuncia que non recibiu resposta as súas alegacións presentadas ante a Consellería de Medio Ambiente, con data de 21 de xullo, calificando o silencio administrativo do “goberno do cambio” coma un retroceso con respecto aos últimos anos do goberno Fraga na que polo menos sí existían repostas ás alegacións.
(more…)

16/07/ 2007

Adeus píllara papuda, benvida Bandeira Azul

Filed under: Litoral

A masiva afluenza de visitantes ás praias e o desleixo dalgunhas administracións máis preocupadas por atraer o turismo, están a provocar a rápida degradación dalgúns ecosistemas dunares, da súa fauna e flora altamente especializadas. Tal é o caso da praia da Corna, entre O Caramiñal e Ribeira, o campo dunar millor conservado do N da ría de Arousa. Alí, unha recente "limpeza" con maquinaria pesada estragou a niñada da única parella de píllara papuda deste contorno. Iso si, a praia loce a Bandeira Azul… Non todo vale para atraer ao turismo!
(more…)

Defendamos Pico vello

Filed under: Espazos Naturais

O pasado domingo 15 de xullo organizacións ambientalistas e cidadás [ADEGA, Clube Montaña Ferrol, Federación Ecoloxista Galega, Colectivo Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Plataforma Ártabra 21, SGHN e VERDEGAIA], co apoio do Concello da Capela, realizaron un roteiro reivindicativo polo lugar do Pico Vello, na parroquia de Goente no concello das Pontes,colindante coas Fragas do Eume, para protestar pola pretendida instalación alí dunha mina de andalucita por parte da empresa Picobello Andalucita S.L.

Máis no blog Pico vello 

15/07/ 2007

Basta xa de agresións ao río Xallas!

Filed under: Augas e Ríos, Enerxía

ADEGA rexeita a recente concesión por parte da Xunta da central de Novo Castrelo e os tres novos aproveitamentos hidroeléctricos no Xallas, solicitados por Ferroatlántica. Deste xeito van ser 8 centrais máis 4 encoros para un treito de 9 km de río. Alén dos impactos no medio, quer na devesa de Anllares, e as sinerxias con outras instalacións (tendidos eléctricos, parques eólicos…), non é ético nen socialmente xusto enaxenar un río a unha empresa privada. De qué valeu entón apobar unha ILP en defensa dos nosos ríos?.
(more…)

Verdegaia envía carbón aos conselleiros de Industria e de Medio Ambiente

Filed under: Enerxía, Contaminación

Pola súa compracencia cara as “fábricas de cambio climático” das Pontes e Meirama

A asociación ecoloxista Verdegaia enviou senllos paquetes con carbón ao conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e mais ao de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, pola súa compracencia cara as centrais térmicas de carbón de As Pontes e Meirama. Mentres Fernando Blanco se felicita pola continuidade das térmicas de carbón máis alá do inminente esgotamento do carbón galego, Manuel Vázquez olla para outro lado perante estas enormes fábricas de cambio climático. A das Pontes foi a novena central eléctrica de Europa con maiores emisións relativas (en gramos de CO2 por kilovatio hora) en 2006, segundo un estudo de WWF.
(more…)

12/07/ 2007

O Colectivo Ecoloxista do Salnes Reúne o apoio de 25 colectivos ecoloxistas e protectoras de animais á campaña contra o Tiro ao Pombiño

O CES convoca unha concentración cidadá para este sábado, día 14 de xullo ás 12 da mañá, no paseo marítimo do Grove, nas inmediacións da ponte da Toxa para manifestar o nosa postura contraria á celebración do “Campeonato Nacional de Tiro al Vuelo”, que se está a celebrar dende o día 6 de xullo no Campo de Tiro da Toxa.
(more…)

11/07/ 2007

Ampliación do Salto de Novo Castrelo: certificando o estrago dun río

Filed under: Augas e Ríos

Este verán escuro para o medioambiente galego, no que a "legalización" inxustificábel da canteira de A Campa no Courel (Ou ver tamén), a aprobación no Consello de Goberno do Plano Acuícola e a autorización da masacre de pombiños na Illa da Toxa marcan unha nefasta deriva nas políticas ambientais do goberno bipartito ven de sumar unha nova desfeita ao ronsel: A Xunta autoriza a ampliación  do aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo desprezando as alegacións presentadas e certifica a agonía do río Xallas.

(more…)

05/07/ 2007

Roteiro en Pico Vello (As Pontes)

Organizacións ecoloxistas e cidadáns de Ferrol e comarca organizan un roteiro reivindicativo o vindeiro día 15 de xullo para solicitar a paralización do proxecto de mina de andalucita en Pico Vello (As Pontes).
(more…)

ADEGA e numerosos colectivos ecoloxistas solicitan a suspensión da caza do pombiño na Toxa

Filed under: Espazos Naturais

ADEGA e máis numerosos colectivos ecoloxistas e de defensa dos animais rexeitan a campionato de "Tiro ao Pombiño" que se celebrará na Toxa esta fin de semana. Outros colectivos que rexeitan este desatino: CES (Colectivo Ecoloxista do Salnés), a Plataforma “Matar por Matar Non”, Amigos da Terra, Asociación COMETA de Narón, e as protectoras de Barbanza, Lugo, Ourense, Vigo, Baiona, Cambados e Marín, integrantes da Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galiza (UPAFGA). Esiximos tamén da Consellería que ante a manifesta insubmisión dos organizadores, suspenda o permiso ao campionato.
(more…)

03/07/ 2007

Os organizadores do campionato do tiro ao pombiño están a incumplir as condicións de autorización do evento.

Este ano, tras unha ampla polémica social, a Consellería de Medio Ambiente e a Subdelegación de Goberno  deu a autorización á Federación de tiro ao vuelo  e aos promotores hosteleiros de A Toxa (Hotel Hesperia) para a celebración do “Campeonato de Tiro al pichón” nos días 6 ao 15 de xullo.
(more…)

ADEGA recomenda aos veciños, mariscadores e mariñeiros das zonas afectadas informarse e realizar alegacións ao novo plan.

Filed under: Litoral

A CONSELLERÍA DE PESCA SACA E EXPOSICIÓN PÚBLICA A CONTAMINACIÓN DESCONTROLADA DA COSTA GALEGA

A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) fai un chamamento aos veciños das zonas afectadas polo novo Plano Sectorial de Macropiscifactorías para que se informen sobre como lles afectará e realicen alegacións a un plano que apoia a contaminación sin control da costa galega.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here