03/07/ 2007

Os organizadores do campionato do tiro ao pombiño están a incumplir as condicións de autorización do evento.

Este ano, tras unha ampla polémica social, a Consellería de Medio Ambiente e a Subdelegación de Goberno  deu a autorización á Federación de tiro ao vuelo  e aos promotores hosteleiros de A Toxa (Hotel Hesperia) para a celebración do “Campeonato de Tiro al pichón” nos días 6 ao 15 de xullo.

Máis esta autorización comprometía aos organizadores a cumplir uns requisitos que a Consellería de Medio ambiente impuxo:

-    a substitución da munición de chumbo por outra (de porcelana ou de aceiro),
-    instalación de pantallas protectoras eficaces, para evitar  a caída de perdigóns ao intermareal do Humedal Protexido Umia – O Grove, onde non se pode empregar a caza con perdigóns de chumbo.

Nembargantes os promotores a día 2 de xullo de 2007, mediante unha nota de prensa manifestaron que empregarán munición de chumbo e que o único que farán é presentar a nova munición “ecolóxica”.

Por isto o CES considera que estan incumplindo, denantes mesmo de empezar co campionato, as condicións da autorización provisional que lles concederon as administracións competentes, poñendo así en evidencia, un ano máis, o pouco respecto que a “Federación de Tiro al vuelo” e  os coorganizadores teñen polas leis e a autoridade administrativa.

Así, o CES solicitará mediante un escrito á Consellería de Medio Ambiente, que lle retire a autorización concedida por incumplimento das condicións. No caso de que o campionato se faga igualmente solicitamos que se lles sometan a vixiancia exhaustiva no que respecta á caída de perdigóns de chumbo ao humedal protexido e se proceda á emitir as sancións convintes e á reparación ambiental do entorno.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/07/03/os-organizadores-do-campionato-do-tiro-ao-pombino-estan-a-incumplir-as-condicions-de-autorizacion-do-evento/trackback/

  1. Os organizadores do campionato do tiro ao pombiño están a incumplir as condicións de autorización do evento

    C+C:”requisitos que a Consellería de Medio ambiente impuxo: a substitución da munición de chumbo por outra (de porcelana ou de aceiro), instalación de pantallas protectoras eficaces, para evitar a caída de perdigóns ao intermareal do Humedal Pr…

    Trackback by chuza.org — 04/07/ 2007 @ 10:17

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here