
O pasado domingo 15 de xullo organizacións ambientalistas e cidadás [ADEGA, Clube Montaña Ferrol, Federación Ecoloxista Galega, Colectivo Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Plataforma Ártabra 21,
SGHN e
VERDEGAIA], co apoio do Concello da Capela, realizaron un roteiro reivindicativo polo lugar do Pico Vello, na parroquia de Goente no concello das Pontes,colindante coas Fragas do Eume, para protestar pola pretendida instalación alí dunha mina de andalucita por parte da empresa Picobello Andalucita S.L.
Máis no blog Pico vello