17/07/ 2007

A FEG reclama a protección da Devesa de Anllares e a restauración da bacía do Xallas ante máis encoros.

Sen resposta ás alegacións presentadas fai un ano.


 A FEG amosa novamente o seu desacordo coa decisión da Consellería de Industria de autorizar a construcción dun novo aproveitamento hidroeléctrico no río Xallas, tal e como fixo anterioremente no mes de xullo de 2006, cando presentou alegacións ao aproveitamento integral de catro proxectos neste rio. A FEG denuncia que non recibiu resposta as súas alegacións presentadas ante a Consellería de Medio Ambiente, con data de 21 de xullo, calificando o silencio administrativo do “goberno do cambio” coma un retroceso con respecto aos últimos anos do goberno Fraga na que polo menos sí existían repostas ás alegacións.

A FEG pregúntase cáles deben ser os criterios de planificación territorial e protección que se seguen, pois ao mesmo tempo que se autoriza esta concesión hidroeléctrica, a Consellería de Medio Ambiente inclúe a Devesa do Anllares e este treito do Xallas na proposta de ampliación da Rede Natura 2000.

 A bacía do Xallas é o río da Confederación Hidrográfica Galicia Costa que soporta unha maior explotación hidroeléctrica, e o que se pretende agora e encadear salto tras salto sen deixar apenas treitos que manteñan a súas características naturais. Destacar o feito do grande disparate histórico, e que agora cumpre vinte anos, da mutilación da fervenza do Ézaro polo mesmo motivo e grupo empresarial.

 A FEG considera que detrás da decisión de Industria pode agocharse un apaño con Villar Mir para desbloquear e recompensar a situación da mina de Serrabal e o paso do AVE, rescatando unha petición de Ferroatlantica ao goberno Fraga no ano 2000 pola que a empresa estaba disposta a abrir as comportas para encher os domingos estivais a Fervenza a cambio da concesión do aproveitamento integral do Xallas. Foi no ano 2006, cando a raíz do problema do AVE fronte a Pico Sacro abriuse, novamente, a posibilidade de conceder este aproveitamento integral, e non mediado un mes de que fora aprobada no Parlamento de Galicia a ILP pola defensa dos ríos saian publicados no DOGA do 22 de maio tres dos catro proxectos contemplados inicialmente.

 Dende a FEG destacamos a importancia ambiental e paisaxística do últimno treito ben conservado do Xallas e a súa devesa de Anllares, bosque  moi necesitado de atención e de medidas de xestión de conservación, unha das últimas masas forestais do litoral galego, e a máis occidental de Europa, e que reproducen os orixinais bosques atlánticos europeos, xa moi escasos en toda Europa e do que sobresaen as Fragas do Eume e algúns do litoral das illas irlandesas.  Neste treito do río Xallas obsérvase a presencia de mexilón de río (Margaritifera margaritifera).

 Dada a situación e a resolución de Industria, a FEG vai interpoñer unha queixa ante o Valedor do Pobo polo silencio administrativo de non terse dado resposta ás alegacións presentadas fai susto un ano; e unha pregunta, á Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea para que solicite ao goberno de España que medidas de conservación e xestión dispón para a protección das poboacións de mexilón de río máis occidentais de Europa, precisamente no Xallas, e se está ao tanto da situación que soporta este río con respecto ao sobreexplotación do seu caudal e as poboacións do mexilón de río, así como a ilegalidade que se produce na modulación interesada na desembocadura do río, ao non respetarse dende o último encoro ata a desembocadura na Fervenza do caudal ecolóxico e non liberar a auga de xeito paulatino tal e como explicita a normativa.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/07/17/a-feg-reclama-a-proteccion-da-devesa-de-anllares-e-a-restauracion-da-bacia-do-xallas-ante-mais-encoros/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here