Porque primeiro é o noso litoral, non ao plano acuícola da Xunta
Este sábado pasado, centos de persoas manifestámonos contra a ampliación da piscifatoría de Quilmas (Carnota) exemplo dun Plano Acuícola fortemente insustentábel.
(more…)
ADEGA denuncia a central de Sabón poden entrar en funcionamento sen a autorización ambiental nen licenzas municipais
Apoia así as reivindicacións das veciñas e veciños da parroquia de Oseiro, que temen un aumento da contaminación electromagnética que veñen padecendo desde hai anos(more…)
S.O.S Matogueiras do Morrazo
Luita Verde alerta sobor da progresiva desaparición nestas últimas tres décadas do monte baixo e de matogueira na península do Morrazo.
Áreas recreativas, tendidos eléctricos de alta tensión, excavacións, recheos, construcción de pistas de tiro ao prato, de aeromodelismo e de motocross, construcción e ancheado de pistas forestais, masiva presenza de vehículos motorizados, monocultivo de árbores forestais e incendios forestais, son en xeral as principais causas por efecto humano polo que estes ecosistemas naturais están desaparecendo a pasos axigantados na comarca. Lugares de gran importancia na comarca con monte baixo coma o monte da Paralaia, o monte Gagán, Chan das Bolas, Chans de Cela ou Chans de Pastoriza, ó igual que outras áreas como Cabo Udra, Outeiro do Cruceiro ou o Alto da Esculca, están a ser agredidos nas últimas décadas ata a actualidade, en especial dende o último lustro, por moitas das causas mencionadas, a maioría dentro de monte comunal.
(more…)
Verdegaia presenta unha moción municipal sobre recursos hídricos no Concello de Vigo
A depuración insuficiente e o desperdicio de auga son os principais pontos negros da xestión dos concellos
Con esta moción, Verdegaia pretende trasladar ao Concello de Vigo a urxente necesidade de acometer unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos que permita mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais da nosa comarca mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración, e a conveniencia de adoptar medidas que impliquen a toda a cidadanía fomentando a co-responsabilidade na procura dunha Nova Cultura da Auga. (more…)
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here
