Porque primeiro é o noso litoral, non ao plano acuícola da Xunta
Este sábado pasado, centos de persoas manifestámonos contra a ampliación da piscifatoría de Quilmas (Carnota) exemplo dun Plano Acuícola fortemente insustentábel.
Organizacións ecoloxistas como ADEGA, Amigos da Terra, o Comité Cidádán de Emerxencia de Ferrol, o Comité en Defensa das Rías Altas, Greenpeace, a SGHN e Verdegaia, colectivos sociais como Salvemos Monteferro e as plataformas de Seráns e Corrubedo ímonos coordenar para actuar contra un Plano Sectorial que pretende hipotecar o millor do noso litoral aos intereses das transnacionais do peixe e do cemento.
