27/07/ 2007

As obras de acondicionamento da antiga papeleira de brandía están a provocar un enorme impacto sobre o bosque de ribeira do río sar.

Dende ADEGA-Compostela queremos salientar que, sendo unha actuación positiva a rehabilitación de edificios antigos e emblemáticos en equipamentos turísticos, o impacto sobre o medio natural debe ser mínimo a hora de acometer as obras.

Segundo puidemos comprobar in situ, a destrucción do bosque de ribeira no río Sar é total na zona onde se vai instalar o novo complexo hoteleiro. Todo indica que estas actuacións están adicadas a erradicar a flora autóctona presente nas marxes do río para logo diseñar un xardín con especies ornamentais, o que supón unha degradación dos nosos ecosistemas fluviais tan maltratados de seu pola contaminación, vertidos, encoros, industria, urbanismo, etc.

 Dende ADEGA-Compostela reclamamos o respecto que estas zonas merecen por ser a protección natural das marxes do río e constituir un reservorio da rica diversidade galega, así como co compromiso que temos na implantación da Directiva Marco da Auga europea sobre a conservación e calidade dos nosos ecosistemas fluviais.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/07/27/as-obras-de-acondicionamento-da-antiga-papeleira-de-brandia-estan-a-provocar-un-enorme-impacto-sobre-o-bosque-de-ribeira-do-rio-sar/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here