31/07/ 2007

Costas intenta agredir a praia e lagoa de Vilariño (Cangas) cun proxecto de paseo disfrazado de recuperacion ambiental

Filed under: Litoral

Luita Verde alegou (adxuntamos copia do texto) o 3 de abril de 2006 ó proxecto de “RECUPERACIÓN AMBIENTAL DO ENTORNO DA PRAIA E MARISMA DE VILARIÑO, T.M. CANGAS (PONTEVEDRA)”, promovido pola Dirección Xeral de Costas a traveso do seu Servicio Provincial en Pontevedra, dependentes do Ministerio de Medio Ambiente; o 5 de febreiro do 2007 o Director Xeral de Costas aproba o pliego de particularidades que rexirá a contratación do proxecto e resposta ás alegacións; e o 21 de marzo do 2007 Luita Verde apresenta en tempo e forma Recurso de Reposición á aprobación do proxecto (adxuntamos copia do texto noutro arquivo), Recurso do cal non obtivo dentro dos tres meses regulamentarios resposta por parte da Dirección Xeral de Costas. Sin ser contestado o Recurso, polo contrario, se presenta en xullo a nivel mediático a adxudicación definitiva do proxecto nos medios de comunicación locais.

Luita Verde denuncia polo tanto ese mediatismo, incumprindo a legalidade, por parte da  Dirección Xeral de Costas a traveso do seu Servicio Provincial de Pontevedra con respecto a ese proxecto, demostrando ao mesmo tempo un total desprezo polas alegacións e recurso presentados en tempo e forma  legalmente polo colectivo, co afán de correxir e mellorar o mesmo.

Luita Verde entende que este xeito de actuar por parte do Servicio Provincial de Costas só  se enmarca nun proceso máis de “mediterraneización”  da costa galega e da praia de e marisma de Vilariño en concreto, donde quere darlle para adiante como sexa a un proxecto que máis que unha recuperación ambiental da zona supón unha “urbanización” máis da mesma e o que é máis grave dentro do seu dominio público marítimo-terrestre. Esto o demostra cando obviando a maior parte da importancia xeolóxica, faunística e florística tanto dunar, lacustre como mariña do lugar, quere instalar un paseo de madeira por enriba das rochas entre a praia de Vilariño e a de San Cibrán de Aldán; cando quere un excesivo ancho de tres metros para o paseo, seccionando a zona dunar e descompensando a pretendida eliminación da estrada na zona oeste da praia; cando quere entubar e canalizalo rio do Esteiro no extremo oeste da praia de Vilariño para despóis ubicar o paseo enriba; cando quere instalar o paseo de madeira por enriba do propio humidal da lagoa de Vilariño; e todo sen importarlle de donde procede a madeira co que pretende montalo paseo e sen contar coa eliminación da vexetación alóctona e invasora ( Carpobrotus e Agave americana) actualmente existente na citada praia; obras que en global veñen demostrar un excesivo e innecesario impacto ambiental, coste económico engadido (agravado polo do seu mantenimento posterior) e tendo en conta ademáis que a administración encargada das expropiacións que poideran xurdir no proxecto de construcción sería o Concello de Cangas, cunha situación económica bastante delicada na actualidade debido ó seu endebedamento financieiro. A todo elo hai que engadirlle ademáis que o proxecto incumpre o artigo 44.5 da Ley 22/1998 de Costas donde se cita que “os paseos marítimos localizaranse fóra da ribeira do mar e serán peatonales”, sendo o máis grave e lamentable que o incumpra a propia administración pública que debe velar polo seu cumprimento.

Luita Verde salienta que a praia e lagoa de Vilariño é un espazo natural asociado de relevante importancia na costa sur de Galicia e case úneco na península do Morrazo, digno de conservar e protexer e polo tanto, ó igual que a asociación ornitolóxica Anduriña, tamén alegante e recurrente ao mesmo proxecto, resérvase no futuro o recurso de denuncialas obras con nomes e apelidos d@s funcionari@s responsables ante a Fiscalía de Medio Ambiente, en caso de que estas foran adiante tal como as aprobaron dende a susodita Dirección Xeral de Costas.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/07/31/costas-intenta-agredir-a-praia-e-lagoa-de-vilarino-cangas-cun-proxecto-de-paseo-disfrazado-de-recuperacion-ambiental/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here