31/08/ 2007

Grave alteración da lagoa de Baldaio

"O peche da lagoa de Baldaio ameaza unha planta en perigo de extinción e dificulta a migración das aves limícolas"
A mala xestión dun proxecto desenvolvido pola Demarcación de Costas está provocando unha grave alteración da lagoa costeira de Baldaio.

(more…)

A Federación Ecoloxista Galega presentou tamén presentou alegacións ao Plano Acuícola da Xunta.

Filed under: Litoral

O medio Ambiente é algo máis que a Rede Natura 2000


A FEG sorpréndelle as declaracións do Director de Recursos Mariños, reprochando á sociedade onde estaba cando presentou o anterior Plan. ESTABAMOS NO MESMO LUGAR NO QUE HOXE EN DÍA ESTAMOS. Tamén sorpréndelle que diga que “o plan non se vai mover” ¿Acaso considera que o trámite de Exposición pública é un mero trámite que non se hai que facer caso á sociedade?

(more…)

Imparable acoso ás Gándaras de Budiño

VERDEGAIA SOLICITA ÁS CONSELLARÍAS DO AMBIENTE E DE INDUSTRIA O RESCATE DA CONCESIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN DE ARXILA NAS GÁNDARAS DE BUDIÑO


No lugar do Cerquido, concello do Porriño, existe dende hai moitos anos unha explotación de arxila situada no espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro malia que no ano 2004 foi desanexada da Rede Natura permanecendo como SRPEN no PXOM do Porriño.

(more…)

28/08/ 2007

Proposta de amplacións da Rede Natura 2000 en Ferrolterra

Filed under: Espazos Naturais

A proposta está subscrita ADEGA, SGHN e Vedergaia

As asociacións ecoloxistas de Ferrolterra, ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza), SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) e Verdegaia propoñen unha serie de localizacións para a ampliación da Rede Natura en Ferrolterra.
(more…)

27/08/ 2007

Ecoloxistas esixen carteis de protección na praia fluvial de Ponteareas

Filed under: Augas e Ríos

O grupo ecoloxista Adenco esixiulle onte ó Concello de Ponteareas (Pontevedra) que informe os veciños do municipio que a praia fluvial de Partidas non é apta para o baño, tal é como recollían as análises realizados pola Consellería de Sanidade.

Máis en Galicia Hoxe 

A Central de ciclo combinado, supón un risco para a poboación

Filed under: Enerxía

Ante a eminente posta en marcha da central de  ciclo combinado de ENDESA en As Pontes, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas quere poñer de manifesto o perigo que pode supoñer esta central, debido á súa cercanía ó núcleo urbán será un foco de contaminación grave para a saúde pública. Cremos necesario pois esixir ós organismos competentes e á empresa o máximo rigor, polo que pedimos que se someta a totalidade da central a unha certificación ambiental tipo EMAS.
(more…)

25/08/ 2007

Ecoloxistas entenden que non hai motivos para o rexeite

ZEPA DA LIMIA, BOA PARA O AMBIENTE E PARA AS PERSOAS

As asociacións galegas de defensa ambiental defenden a declaración da Limia como ZEPA e amosan a súa sorpresa perante o rexeitamento desta por parte dalgunhas persoas e colectivos con presenza na comarca. Os ecoloxistas coidan que a declaración como ZEPA terá beneficios ambientais e sociais na Limia e entenden que isto debe ser explicado á cidadanía.

(more…)

24/08/ 2007

3 minicentrais ameazan o río Loio bo Concello de Paradela

Filed under: Augas e Ríos

Estas minicentrais afectarán gravemente ao mexilón de río (Margaritifera margaritifera)


3 proxectos de minicentrais ameazan ao río Loio. Estes 3 proxectos presentados por 3 empresas distintas están nestes momentos en fase de tramitación. As competencias corresponden á Confederación Hidrográfica do Norte e polo tanto a aprobación ou rexeitamento da Declaración de Impacto Ambiental corresponde ao Ministerio de Medio Ambiente.

(more…)

22/08/ 2007

VERDEGAIA alerta do risco de destrución de parte do bosque de Ribeira da Lagoa de Budiño trala modificación do PXOM do Porriño

Filed under: Espazos Naturais

Unha superficie de 4 ha ocupada polo bosque de ribeira da lagoa de Budiño (hábitat de protección prioritaria prá UE) podería ser aterrado nos vindeiros meses logo da recente modificación do PXOM do Porriño (Decreto 139/2007) na área natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.
(more…)

ADEGA ofrécese a informar e intermediar entre Administración e labregos para a zona ZEPA da Limia

Os labregos lonxe de resultar perxudicados poden percibir numerosas axudas europeas para a actividade agrícola.

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) ofrécese para informar aos veciños da Limia e a intermediar entre labregos e administración para o establecemento dunha zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) na Limia.
(more…)

El Estado pide a Iberdrola alternativas para su central por el riesgo de daños en el río Sil

Filed under: Augas e Ríos, Enerxía

"O proxecto de construción dunha nova central hidroeléctrica da compañía Iberdrola no Canón do Sil acaba de sufrir un novo revés. Tras o informe desfavorable da Xunta de Galicia, o Goberno central, sobre o que recae a decisión definitiva, acaba de informar de que se solicitou á eléctrica "a consideración de emprazamentos alternativos" para evitar "danos potenciais" nos recursos da Ribeira Sacra.
O Ministerio de Medio Ambiente respondía con esta información a unha pregunta parlamentaria exposta pola deputada nacional do BNG, *Olaia Fernández Dávila, sobre a situación administrativa do expediente de devandita infraestrutura.
"

Pese a ser unha peque na victoria, ¿Está todo ganado?. Non, a resposta non é negativa. ¿Que significa que a Administración pida a Iberdrola un novo proxecto?, ¿A Administración Central que interese ten en montar algo no sil?

Son moitas preguntas

(Ver a nova completa no Faro de Vigo premendo aquí

21/08/ 2007

ADEGA propón a construcción de varias depuradoras máis pequenas e a separación das augas residuais urbanas das industriais

Filed under: Augas e Ríos

VECIÑOS DE AGUIÑO REXEITAN A MACRODEPURADORA

O pasado venres 17 de Agosto tivo lugar na lonxa de Aguiño unha charla informativa sobre o proxecto de macrodepuradora para Aguiño. Nesta charla participaron o Vicepresidente de ADEGA, Daniel López Vispo e o biólogo Luis Sampedro entre outros. Ante a presencia de máis de 500 veciños de Aguiño os citados expuxeron a problemática da construcción desta macrodepuradora en Aguiño, que ocuparía máis de 50.000 metros cadrados dun espazo costeiro de gran valor ecolóxico.
(more…)

ADEGA Esixe a paralización inmediata das obras da minicentral da Hermida en Cuntis

Filed under: Augas e Ríos

Esta obra podería facilitar a extensión da alga tóxica Microcystis

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) esixe a inmediata paralización das obras da central hidroeléctrica do Salto da Hermida no termo municipal de Cuntis polos danos de carácter irreversible no entorno, ó tempo que piden explicacións tanto ó Delegado Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra como á Alcaldía de Cuntis por non ter feito o seguimento das obras, que a día de hoxe están a invadir mesmo camiños públicos.
(more…)

20/08/ 2007

Aclaracións de ADEGA ao comunicado de prensa de AROGA

Filed under: Litoral

Ante o demagóxico comunicado de prensa difundido este 20 de Agosto por AROGA (Asociación de Productores de Rodaballo de Galiza) ADEGA realiza as seguintes puntualizacións e aclaracións coa fin de dar a coñecer as implicacións reais que a macroacuicultura industrial supón para Galiza e os seus sectores pesqueiro, marisqueiro e turístico.
(more…)

Unha empresa catalana é a primeira do estado en ofertar esta modalidade de transporte

Filed under: Augas e Ríos

O CARSHARING, UNHA FORMA INTELIXENTE DE USAR O COCHE

O Carsharing en compartir automóbiles de aluguer para a xente que non necesita o coche máis que puntualmente. Deste xeito os usuarios poden solicitar distintos vehículos situados en aparcamentos da cidade para: Facer a compra semanal, ir e excursión a fin de semana ou calquera uso puntual cando se necesite.

(more…)

16/08/ 2007

A “APDR” expresa a súa solidariedade co colectivo “A REVIRA”

Filed under: Denuncia, Convocatoria

A Xunta Direitiva da “Asociación Pola Defensa da Ría” quere expresar, en primeiro lugar, a súa solidariedade coa Asociación Cultural Revira, que hai uns días sufriu o incendio provocado do seu local social na pontevedresa rúa Arcebispo Malvar. Por sorte non houbo desgracias persoais e mesmo as perdas económicas non foron todo o graves que poideron ser.
(more…)

14/08/ 2007

Campaña contra o Plano Acuícola: agora tamén en Foz

Filed under: Litoral

O venres 10 de agosto ADEGA levou a cabo unha nova xornada informativa, desta volta cos veciños e veciñas de Cangas de Foz, para dar a coñerer as macropiscifatorías con que a Consellería de Pesca vai "agasallar" a este concello. Trátase das instalacións de Gralleira (40.000 m2) e Sarrido (80.000 m2), esta última ás portas do espazo protexido do LIC Río Ouro.
(more…)

ADEGA denuncia ante o SEPRONA unha canteira no Concello de Muras a súa paralización inmediata

Filed under: Xestión Ambiental

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ven de presentar ante o Servicio de  Protección da Natureza da Garda Civil unha DENUNCIA contra a explotación mineira Angelita Fracción Segunda, ubicada nas proximidades de Baamonde e Castiñeira, cerca do monte Peñote, no concello de Muras, promovida por Epifanio Campo, da familia, pois, do anterior Alcalde de Ortigueira, con fábricas de ladrillos, pneumáticos usados, negocios na construcción, etc,
(more…)

ADEGA solicita a figura de Parque Natural para a Ribeira Sacra

Filed under: Espazos Naturais

Esta figura é copatible e complementaria á tramitación do Patrimonio da Humanidade

ADEGA solicitará no vindeiro Consello Galego de Medio Ambiente a creación dun Parque Natural na Ribeira Sacra. A figura de Parque Natural resulta a máis acaída para a protección da natureza e para o desenvolvemento do “turismo sostible”.
(more…)

10/08/ 2007

Merexo (Muxía) presentará alegacións contra o Plano Acuícola

Filed under: Litoral

Segue a ristra de reaccións contra o Plano Acuícola da Xunta. Desta volta son os veciños e veciñas de Merexo (Muxía) os que se opoñen á ampliación da piscifatoría de Stolt, que pretende ocupar 270.000 m2 a carón da aldea. Técnicos de ADEGA e do SLG expuxeron aos veciños as características deste megaproxecto, parte dun Plano Sectorial delirante e insustentábel. Nas próximas semanas, segirán as xuntanzas por toda a costa cos afectados/as, constituindo plataformas, recollendo sinaturas e organizando a defensa do noso litoral.
(more…)

Pescanova contra la “incomprensión”

Filed under: Prensa

 Agora Pescanova, pon en práctica unha nova extratexía, a de ir de "víctima". Pois ben, se quere presumir de empresa ecolóxica, debería non proxectar terreos en espazos protexidos, por seres máis baratos, ou depurar as augasdas súas empresas e filiais, véxase o caso ca piscifactoría que ten no Grove e que periodicamente causa sucesos de contaminación no Bao (ou para que serve o formol que ten almacenado nas instalacións), ou unha política de pesca sostible (ambiental e non económica) polos mares do mundo.

Así podrá presumir de empresa ecolóxica, e non andar chorando polas esquinas como fai agora.

Ler a nova no pais

A “APDR” denuncia a absoluta inoperatividade da xunta no tema “ENCE”

Filed under: Litoral

A “Asociación Pola Defensa da Ría” considera que a Xunta de Galicia non está abordando o tema do complexo ENCE-ELNOSA co rigor e a decisión política que o asunto require, o que non só pon en perigo o necesario proceso de saneamento e recuperación da Ría de Pontevedra, senón que entra en contradición coas súas declaracións públicas ao respecto e mesmo cos acordos programáticos acadados entre BNG e PSOE ao asumiren o goberno autonómico.
(more…)

09/08/ 2007

ADEGA solicita a inclusión do encoro de Frieira na Rede Natura

Destaca pola presencia de Prunus lusitanica e de Laurobasidium lauri

ADEGA solicita a inclusión do encoro de Frieira e os seus bosques de ribeira dentro como espazos da Rede Natura 2000 galega. Esta zona inclúe parte dos concellos de Crecente, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Melón e Arnoia. É unha área pouco estudada a nível botánico que destaca xa pola presenza de especies protexidas incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, como o acereiro Prunus lusitanica e máis do espectacular fungo Laurobasidium lauri.
(more…)

08/08/ 2007

Sae á rúa unha nova edición da revista CERNA

Filed under: Convocatoria, Prensa

A revista Cerna é a única publicación galega especializada en medio ambiente de Galiza e promovida desde o eido ecoloxista.

A única publicación galega especializada na temática medioambiental da nosa terra e a máis antiga de Galiza, a revista “Cerna”, publica o seu número 52, que se destribuirá en librarías de toda Galiza, bibliotecas, centros de ensino e outras institucións, nomeadamente aquelas máis relacionadas e con responsabilidades no eido medioambiental galego, ademáis do millar e medio de exemplares que se envía regularmente a persoas subscritas e colaboradoras.
(more…)

07/08/ 2007

As piscifactorías desfanse dos peixes mortos guindándoos ao mar en ácido

Filed under: Litoral

Os rodaballos disoltos en ácido fórmico non reciben ningún tipo de tratamento antes de verterse directamente ao mar


7 de agosto de 2007. ADEGA está a investigar as práticas das empresas de acuicultura industrial en terra, para comprobar o verdadeiro impacto dos seus procedementos produtivos. A falsidade e a propaganda mediática con que algunha destas empresas tentan enganar á opinión pública, con afirmacións tais como que “os parámetros da auga de mar á saída son similares aos da entrada” (memoria do proxecto de Stolt Sea Farm para Baroña), móvenos a expoñer a verdadeira cara destas explotacións. A realidade é que estas industrias (algunhas con máis de 15 anos en funcionamento) carecen aínda de permiso e vertido (información de Augas de Galiza) e son unha importante fonte de contaminación orgánica e química para o litoral como demostran as análises encargadas por ADEGA. A respeito do tratamento dos efluentes, ningunha piscifatorías dispón dun tratamento axeitado para reducir a súa carga contaminante e os seus efeitos sobre a saúde e o ecosistema.
(more…)

06/08/ 2007

Festa Revolta no Courel

O vindeiro 11 de Agosto en Froxán varios colectivos sociais galegos (SOS Courel, Asociación Fonte do Milagro, Burla Negra, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e a Federación Ecoloxista Galega) convocan unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial que pode supor a legalización masiva de canteiras por parte da Xunta e a mínima expresión á que vai quedar reducido o Parque Natural do Courel. A xornada contará con distintas actividades como o Roteiro da Arte, a proxección dos documentais "As Encrobas a ceo aberto" e "O Salario do Silencio" sobre o conflito de Reganosa, Charlas e debate con científicos e ecoloxistas, Animación na Eira para nenas e nenos e a Ultranoite Obelix e Cia especialmente adicada a SOS CAUREL coa participación de diversos e diversas artistas, como Os da Ría, Pablo Trasno, Chévere, O Mago Romarís, Mónica García, Os Cantos Rodados, Bernardo Martínez, Clara Gayo, Carlos Santiago, Expo e o Último Uruguayo, Blanca Novoneyra, Comba Campoy… Le de seguida o comunicado e súmate á convocatoria. Infórmate sobre como chegar e onde procurar aloxamento.
(more…)

Incendios forestais 2006: a fiscalía deixa en evidencia á xunta

Filed under: Montes e incendios

As asociacións ecoloxistas reafírmanse nas súas análises e propostas

A xuízo de varias organizacións ecoloxistas, a memoria sobre os incendios forestais do ano 2006 presentada pola Fiscalía de Galicia confirma as posicións defendidas por elas e desacredita as especulacións sen fundamento manexadas sobre as causas dos incendios, constituíndo unha chamada de atención sobre a importancia dos incendios debidos ao uso tradicional do lume no medio rural. Asemade, pode lerse como un “tirón de orellas” para todos os políticos que, no ano pasado ou antes, usaron irresponsablemente os lumes como arma partidaria e pretenderon reducir o complexo problema social dos lumes principalmente a unha cuestión técnica e policial.
(more…)

Corrubedo reaxe en defensa da súa costa

Filed under: Litoral

Este pasado sábado, membros de ADEGA e a Plataforma Medioambiental de Corrubedo expuxemos aos veciños/as de Teira e Corrubedo en qué consisten os plans da Consellería de Pesca para a punta do Corgo-Laxe Brava: nin máis nin menos que a meirande piscifatoría de Galiza, con 308.000 m2. Este megaproxecto únese ás ampliación das piscifatorías de Seráns (115.000 m2 e Couso (55.000 m2), de xeito que nun treito de 10 km de costa ocuparanse case medio millón de m2 de solo industrial, e iso ás portas dun parque natural. Toma desenvolvemento sustentábel!
(more…)

Os biocombustibles van disparar os prezo dos alimentos

Filed under: Enerxía

ADEGA alerta desta situación para os próximos meses


Neste novo informe ADEGA analiza a situación creada polo aumento da utilización de biocombustibles para misturar coa gasolina e co gasoil.
(more…)

03/08/ 2007

A construccion dun estaleiro de embarcacións de fibra de vidro ameaza a ría de Ribadeo

Filed under: Litoral

O proxecto carece de Estudo de Impacto Ambiental apesar de afectar á Rede Natura


A empresa Astilleros del Eo S.L. pretende construir un estaleiro para fabricar embarcacións de fibra de vidro na zona portuaria de Veigadeo (Concello de Castropol). Este proxecto carece de estudo de impacto ambiental que é preceptivo por afectar á Rede Natura no LIC (Lugar de Interese Comunitario) Río Eo. Tamén afectará á zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) da Ría do Eo.
(more…)

01/08/ 2007

Aparece un oso morto no monte Vispo Santo en Foz

Filed under: Flora e Fauna

O animal podería provir dun circo que estivo pola zona días antes


Un oso morto apareceu este martes 31 de Xullo no monte Vispo Santo no Concello de Foz. Os restos semellan pertencentes a un oso negro (polo tanto provinte de cautividade) e non ao oso pardo autóctono.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here