Aparece un oso morto no monte Vispo Santo en Foz
O animal podería provir dun circo que estivo pola zona días antes
Un oso morto apareceu este martes 31 de Xullo no monte Vispo Santo no Concello de Foz. Os restos semellan pertencentes a un oso negro (polo tanto provinte de cautividade) e non ao oso pardo autóctono.
O achado foi realizado por persoas que paseaban polo lugar xa que desprendía un intenso cheiro a podre.
O Seprona tentou identificar o animal mediante microchip pero isto non aportou novos datos que podan determinar a súa orixe.
Podería provir dun circo que pasou pola zona da Mariña no mes de xullo feito este que debería ser comprobado a fin de determinar as responsabilidades do feito.
Os osos están suxeitos ao convenio CITES que regula o trafego de animais protexidos polo tanto teñen que ter unha documentación en regra e dende logo non poden ser abandonados cando falecen xa que poden ocasionar problemas sanitarios e deben determinarse as causas da súa morte.
ADEGA solicita que se investigue para dar cos autores do abandono e se comprobe a documentación do finado oso.
