Festa Revolta no Courel
O vindeiro 11 de Agosto en Froxán varios colectivos sociais galegos (SOS Courel, Asociación Fonte do Milagro, Burla Negra, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e a Federación Ecoloxista Galega) convocan unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial que pode supor a legalización masiva de canteiras por parte da Xunta e a mínima expresión á que vai quedar reducido o Parque Natural do Courel. A xornada contará con distintas actividades como o Roteiro da Arte, a proxección dos documentais "As Encrobas a ceo aberto" e "O Salario do Silencio" sobre o conflito de Reganosa, Charlas e debate con científicos e ecoloxistas, Animación na Eira para nenas e nenos e a Ultranoite Obelix e Cia especialmente adicada a SOS CAUREL coa participación de diversos e diversas artistas, como Os da Ría, Pablo Trasno, Chévere, O Mago Romarís, Mónica García, Os Cantos Rodados, Bernardo Martínez, Clara Gayo, Carlos Santiago, Expo e o Último Uruguayo, Blanca Novoneyra, Comba Campoy… Le de seguida o comunicado e súmate á convocatoria. Infórmate sobre como chegar e onde procurar aloxamento.(more…)
Incendios forestais 2006: a fiscalía deixa en evidencia á xunta
As asociacións ecoloxistas reafírmanse nas súas análises e propostas
A xuízo de varias organizacións ecoloxistas, a memoria sobre os incendios forestais do ano 2006 presentada pola Fiscalía de Galicia confirma as posicións defendidas por elas e desacredita as especulacións sen fundamento manexadas sobre as causas dos incendios, constituíndo unha chamada de atención sobre a importancia dos incendios debidos ao uso tradicional do lume no medio rural. Asemade, pode lerse como un “tirón de orellas” para todos os políticos que, no ano pasado ou antes, usaron irresponsablemente os lumes como arma partidaria e pretenderon reducir o complexo problema social dos lumes principalmente a unha cuestión técnica e policial.
(more…)
Corrubedo reaxe en defensa da súa costa
(more…)
Os biocombustibles van disparar os prezo dos alimentos
ADEGA alerta desta situación para os próximos meses
(more…)
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here
