As piscifactorías desfanse dos peixes mortos guindándoos ao mar en ácido
Os rodaballos disoltos en ácido fórmico non reciben ningún tipo de tratamento antes de verterse directamente ao mar
7 de agosto de 2007. ADEGA está a investigar as práticas das empresas de acuicultura industrial en terra, para comprobar o verdadeiro impacto dos seus procedementos produtivos. A falsidade e a propaganda mediática con que algunha destas empresas tentan enganar á opinión pública, con afirmacións tais como que “os parámetros da auga de mar á saída son similares aos da entrada” (memoria do proxecto de Stolt Sea Farm para Baroña), móvenos a expoñer a verdadeira cara destas explotacións. A realidade é que estas industrias (algunhas con máis de 15 anos en funcionamento) carecen aínda de permiso e vertido (información de Augas de Galiza) e son unha importante fonte de contaminación orgánica e química para o litoral como demostran as análises encargadas por ADEGA. A respeito do tratamento dos efluentes, ningunha piscifatorías dispón dun tratamento axeitado para reducir a súa carga contaminante e os seus efeitos sobre a saúde e o ecosistema.
(more…)
