10/08/ 2007

Merexo (Muxía) presentará alegacións contra o Plano Acuícola

Filed under: Litoral

Segue a ristra de reaccións contra o Plano Acuícola da Xunta. Desta volta son os veciños e veciñas de Merexo (Muxía) os que se opoñen á ampliación da piscifatoría de Stolt, que pretende ocupar 270.000 m2 a carón da aldea. Técnicos de ADEGA e do SLG expuxeron aos veciños as características deste megaproxecto, parte dun Plano Sectorial delirante e insustentábel. Nas próximas semanas, segirán as xuntanzas por toda a costa cos afectados/as, constituindo plataformas, recollendo sinaturas e organizando a defensa do noso litoral.

O presente Plano Galego de Acuicultura pretende “determinar as condicións xerais para o futuro desenvolvemento da acuicultura mariña en terra” (SIC). No entanto, ao longo da súa exposición fálase continuamente de “sector acuícola” e “acuicultura galega” asumindo a representatividade dun sector no que a acuicultura en terra, nomeadamente a de peixes planos, representa unha mínima parte – concretamente o 1,8% – da producción total (4.000 Tm fronte a 222.000 Tm, datos de 2002) dun sector dominado pola acuicultura a flote e os parques de cultivo de moluscos.

Por isto mesmo, dubidamos do carácter estratéxico do vixente plano sectorial por canto responde ás necesidades dunha mínima parte dun sector económico – a acuicultura mariña en terra – esquecendo a aportación, esta sí verdadeiramente estratéxica, da acuicultura a flote e dos parques de cultivo que representan o 98,2% do total da producción e ocupan directamente a unhas 10.000 persoas, fronte ás 520 da acuicultura en terra.

Resulta pois incomprensíbel o esquecemento da “parte do león” dun sector económico fulcral para a economía galega, baseado noaproveitamento dos recursos autóctonos, xerador do 95% do emprego do sector e maioritariamente composto por profesionais, asociacións de produtores/as, confrarías e pequenas empresas de capital galego.

Entendemos que non está xustificado a elaboración dun plano sectorial que ven a ordenar só unha pequena parte dunha actividade, a acuicultura mariña en terra, con producións comparativamente moi baixas, produtos menor valor engadido, que non contribúe a poñer en valor os recursos mariños do litoral galego, xera poucos postos de traballo e está dominado por unhas poucas corporacións transnacionais.

O feito de que os proxectos sectoriais derivados deste plano conten ademáis cunha subvención pública que pode acadar até o 40% do investimento total, e tendo en conta a baixa xeración de traballo e a pobre contribución económica en comparación coa explotación dos recursos autóctonos, móvenos a afirmar que a acuicultura industrial en terra en absoluto contribúe ao desenvolvemento sustentábel social e económico de Galiza, mais sí ao desenvolvemento das importantes plusvalías das empresas do sector, sustentadas por todos nós.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/08/10/merexo-muxia-presentara-alegacions-contra-o-plano-acuicola/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here