16/08/ 2007

A “APDR” expresa a súa solidariedade co colectivo “A REVIRA”

Filed under: Denuncia, Convocatoria

A Xunta Direitiva da “Asociación Pola Defensa da Ría” quere expresar, en primeiro lugar, a súa solidariedade coa Asociación Cultural Revira, que hai uns días sufriu o incendio provocado do seu local social na pontevedresa rúa Arcebispo Malvar. Por sorte non houbo desgracias persoais e mesmo as perdas económicas non foron todo o graves que poideron ser.

Dacordo coa información recibida na APDR, o ataque ao local social A Revira poido vir motivado pola intensa campaña antitaurina desenvolvida nas últimas datas polo colectivo cultural, pero, con independencia de cales poideran ser as motivacións que moveron ás persoas que levaron adiante este ataque, non cabe nengunha dúbida de que se trata dun ataque fascista que desde a APDR queremos denunciar. Queremos expresar a nosa máis absoluta repulsa por estes feitos e esixir ao tempo que se leve adiante as investigacións necesarias para dar coas persoas responsabeis destes feitos e impedir que se volten repetir.

Animamos por último ao colectivo A Revira a seguir traballando na defensa das súas posicións en todos aqueles eidos nos que veñen desenvolvendo o seu labor e ofrecemoslle a nosa solidariedade e apoio na loita pola defensa das libertades e pola búsqueda dunha sociedade máis participativa, máis plural e máis xusta, na que a calidade de vida das persoas e os valores ambientais primen sobre a búsqueda dos beneficios económicos a curto prazo en base á destrución do medio e os recursos naturais.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/08/16/p483/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here