21/08/ 2007

ADEGA Esixe a paralización inmediata das obras da minicentral da Hermida en Cuntis

Filed under: Augas e Ríos

Esta obra podería facilitar a extensión da alga tóxica Microcystis

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) esixe a inmediata paralización das obras da central hidroeléctrica do Salto da Hermida no termo municipal de Cuntis polos danos de carácter irreversible no entorno, ó tempo que piden explicacións tanto ó Delegado Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra como á Alcaldía de Cuntis por non ter feito o seguimento das obras, que a día de hoxe están a invadir mesmo camiños públicos.

ADEGA lembra que esta é unha máis das agresións padecidas polo Umia, un río que é de vital importancia para o abastecemento de auga a máis de 100.000 veciños, polo que de non adoptarse as medidas de paralización e revisión do actuado anuncia a presentación das denuncias oportunas para evitar que unha vez máis o Umia se deixe en mans especulativas que atentan contra os intereses xerais.

Esta nova obra hidráulica no Umia representa a posibilidade de que se repita o problema ambiental e sanitario que se padecéndo coa Microcystis no encoro de A Baxe en Caldas, que obrigou ás autoridades da Xunta a adoptar medidas de protección para abastecemento de auga á poboación, con inxentes investimentos do erario público. Como é sabido esta microalga vólvese tóxica en augas estancadas e eutrofizadas, polo que non se pode consentir que a maiores do dano paisaxístico e ambiental se produzan prexuízos de carácter sanitario cando a única xustificación destas obras no Umia é o rendimento económico do río.

Asimesmo ADEGA lembra que no mes de setembro foi presentada no Concello de Caldas unha moción polo BNG, que foi aprobada polo pleno, pedindo á presidencia da Xunta de Galiza o estudio da viabilidade do desmantelamento do encoro como única medida para a erradicación da toxicidade producida pola Microcystis. ADEGA apoia esta petición que a día de hoxe non ten contestación por parte do goberno da Xunta, a pesares de que está avalada por diversos científicos de distintas universidades que ven necesaria para a recuperación integral do Umia a eliminación das obras que afectan ó cauce natural do río e que non se demostren estrictamente necesarias para o interese xeral.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/08/21/adega-esixe-a-paralizacion-inmediata-das-obras-da-minicentral-da-hermida-en-cuntis/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here