21/08/ 2007

ADEGA propón a construcción de varias depuradoras máis pequenas e a separación das augas residuais urbanas das industriais

Filed under: Augas e Ríos

VECIÑOS DE AGUIÑO REXEITAN A MACRODEPURADORA

O pasado venres 17 de Agosto tivo lugar na lonxa de Aguiño unha charla informativa sobre o proxecto de macrodepuradora para Aguiño. Nesta charla participaron o Vicepresidente de ADEGA, Daniel López Vispo e o biólogo Luis Sampedro entre outros. Ante a presencia de máis de 500 veciños de Aguiño os citados expuxeron a problemática da construcción desta macrodepuradora en Aguiño, que ocuparía máis de 50.000 metros cadrados dun espazo costeiro de gran valor ecolóxico.

A proposta de ADEGA para a necesaria depuración de augas residuais no Concello de Ribeira pasa pola construcción de varias depuradoras máis pequenas axeitadas ás necesidades das distintas parroquias. Estas depuradoras de augas residuais urbanas serían complementarias á existencia da depuración das augas residuais industriais do polígono de Xarás.

A depuración de augas dos polígonos industriais separada das urbanas é obligatoria por lei e necesaria para que as empresas asuman os custes das súas propias augas residuais. No caso do Concello de Ribeira as augas residuais industriais supoñen a metade do volume total.

A mistura de augas urbanas e industriais está prohibido por lei debido á súa distinta composición e procedencia que require distintos tratamentos. Os veciños amosaron a súa conformidade con estas propostas e continuarán reivindicando un xeito distinto de tratar as augas residuais que o proxectado pola administración.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/08/21/adega-propon-a-construccion-de-varias-depuradoras-mais-pequenas-e-a-separacion-das-augas-residuais-urbanas-das-industriais/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here