24/08/ 2007

3 minicentrais ameazan o río Loio bo Concello de Paradela

Filed under: Augas e Ríos

Estas minicentrais afectarán gravemente ao mexilón de río (Margaritifera margaritifera)


3 proxectos de minicentrais ameazan ao río Loio. Estes 3 proxectos presentados por 3 empresas distintas están nestes momentos en fase de tramitación. As competencias corresponden á Confederación Hidrográfica do Norte e polo tanto a aprobación ou rexeitamento da Declaración de Impacto Ambiental corresponde ao Ministerio de Medio Ambiente.

Estes proxectos afectan a un río que está proposto para ser incluido na próxima ampliación da Rede Natura o cal demostra que ten importantes valores ambientais.

Entre as numerosas especies protexidas afectadas (un total de 22 especies de animais protexidas por distintas directivas europeas) atopamos o escaso Mexilón de río autóctono (Margaritifera margaritifera).

O mexilón de río é unha especie en perigo de extición e endémica de Galiza que foi incluida pola Consellería de Medio Ambiente como unha das 25 especies que prioritarias a nível de conservación en virtude do Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

ADEGA realizou suxerencias correspondentes a estas minicentrais neste mes de agosto. Estas suxerencias fanse no marco da consulta previa á exposición pública do proxecto. De tal xeito que en caso de que non resulten rexeitadas os veciños/as e afectados poderán realizar alegacións nos próximos meses cando saian a exposición pública.

Nestas suxerencias ADEGA resalta que por unha parte preténdese protexer unha especie que está en perigo de extinción e por outra preséntanse nada máis e nada menos que tres proxectos simultáneos para destruir o hábitat desta especie sen traer ningún beneficio para a poboación que alí vive.

Por estes motivos ADEGA solicita a Declaración Negativa de Impacto Ambiental e polo tanto a retirada dos proxectos.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/08/24/3-minicentrais-ameazan-o-rio-loio-bo-concello-de-paradela/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here