Proposta de amplacións da Rede Natura 2000 en Ferrolterra
As asociacións ecoloxistas de Ferrolterra, ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza), SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) e Verdegaia propoñen unha serie de localizacións para a ampliación da Rede Natura en Ferrolterra.
Estas propostas baséanse na aparición de poboacións de 5 especies protexidas polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas e acompáñanse da súa localización exacta nos lugares propostos para esta ampliación. Ademais tamén se inclúen lugares de grande importancia natural que ata o de agora permañacen desprotexidos e corren risco de sufrir fortes impactos ambientais.
Os lugares propostos con prioridade MOI ALTA son:
-Esteiros do Eume, Belelle, Sardiña, Sor, Landro e Condoñiñas (Viveiro)
-Formación dunar da praia de Arealonga no Vicedo.
-Illas Mirandas na ría de Ares
-Illas Ansarón (Viveiro)
-Rego Belelle, Rio Ferrerías e Pulgueira.
Indícanse tamén unha serie de lugares de interese con prioridade ALTA.
Conservar a natureza é tarefa de todas e todos xa que a conservación da paisaxe mellora a nosa calidade de vida e permítenos ensinar aos visitantes o noso patrimonio natural que é unha das razóns fundamentais polas que veñen os turistas a Galiza. Polo tanto a parte dos evidentes beneficios sociais que produce un medio ambiente ben conservado tamén resulta beneficioso para a economía galega de xeito directo.
Por razóns de conservación non se indican as especies nin as coordenadas ao público pero remitiranse os datos á Consellería de Medio Ambiente.

Condoñiñas? Non será Condomiñas? Non coñezo o lugar, pero si outros Condomiñas e ningún …ñiñas.
Estou interesado en ver maiores detalles da proposta, pero non sei onde podo facelo. Tamén nos podería server no GN Hábitat de modelo para propoñer outras ampliacións, sobre todo na Costa da Morte.
Graciñas
Comment by Pablo Carballo — 31/08/ 2007 @ 13:01