O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono 07
Entre as actividades previstas para esta campaña están a realización de saídas formativas, un curso de formación e un campamento de voluntariado ambiental no río Tea. (more…)
Entre as actividades previstas para esta campaña están a realización de saídas formativas, un curso de formación e un campamento de voluntariado ambiental no río Tea.
Adega-Ourense estivo presente na feira de Expolimia 2007 en Xinzo de Limia os días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro. O numeroso público asistente mostrou moito interese en coñecer as razóns que levan a ADEGA a defender a implantación da declaración como ZEPA para a Limia.
Todas as persoas que pasaron polo stand de ADEGA coincidiron connosco na escaseza de información existente por parte da Consellaría de Medio Ambiente. O feito de pór un cartaz reivindicando a ZEPA supuxo para ADEGA que se convertise o noso stand no referente da feira, causando un grande impacto polo debate que abrimos.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here