03/09/ 2007

Actividades de SYME

O Colectivo Asociación Medio Ambiental e Universitaria SYME, ven de presentar as actividades para este inicio do curso 2007-2008 e comeza cunhas xornadas sobre medio ambiente, un concurso de fotografía e natureza e unha campaña de Aforro enerxético. Ditos cursos preséntanse a continuación:

I XORNADAS SOBRE MEDIO AMBIENTE E DEREITO AMBIENTAL DE GALICIA

 Descrición das actividade.

 Xornadas de formación e información sobre o medio ambiente e lexislación ambiental.

 Obxectivos:
 Mostrar a educación ambiental como unha ferramenta útil para a mellora do medio ambiente.

Mellorar os coñecementos da lexislación ambiental.

Presentar o medio ambiente como un campo de traballo para os novos avogados.

Crear manuais de denuncia ambiental para os cidadáns.

 Data: do 22 o 26 de outubro.

CAMPAÑA SOBRE  AFORRO ENERXETICO.

Descrición da actividade.

 Realización dunha campaña de aforro enerxético, a cal consiste en divulgación duns dípticos con consellos para aforrar enerxía

 Realizarase un concurso de consellos para que a poboación en xeral participe con ideas  para aforrar enerxía.

 Entre todos os participantes que nos dean ideas, sortearemos os seguintes premios todos eles cedidos por Termas Chavasqueira.

Los premios consisten en:

1º Premio: Vale para dos persoas de Cena xaponesa + Masaxe Zen + Baño Nocturno

2ª Premio: Vale para dos persoas de Masaxe Zen + Baño Nocturno

3ª y 4 ª Premio: Vale para dos persoas de Masaxe + Baño Nocturno

 Todos cedidos por Termas Chavasqueira

No mes de outubro realizarase una charla sobre a o cambio climático e enerxía, nelas mostrarase dende un punto de vista didáctico o desenvolvemento sostible e o problema enerxético.

Obxectivos:

Asimilar a importancia do desenvolvemento sostible.

Comprender o problema da cambio climático e aportar solucións

Inculcar a idea de aforro enerxético, electrodomésticos A, etc

Explicar e fomentar ou uso racional da enerxía.

Data: ata o mes de outubro

II CONCURSO CAMPUS UNIVERSITARIO DE OURENSE DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL.

Descrición da actividade.

 A Asociación Medio Ambiental Syme, con este concurso o que pretende e que a xente mediante as súas fotos  nos mostre a riqueza paisaxística do noso Concello e da nosa comunidade.

 Obxectivos:

 Mostrar a riqueza paisaxística do noso Concello e da nosa Comunidade.

Promover alternativas de lecer e tempo libre encamiñadas ou goce e conservación da natureza.

Concienciar da conservación do noso patrimonio medio ambiental
 Data: ata o mes de outubro.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/09/03/actividades-de-syme/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here