O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono 07
Entre as actividades previstas para esta campaña están a realización de saídas formativas, un curso de formación e un campamento de voluntariado ambiental no río Tea. O 1 de setembro iniciouse a campaña de outono do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 15 de outubro. Nesta campaña contamos xa con 215 grupos de voluntarios/as.
Co inicio do curso académico o Proxecto Ríos comeza a campaña de outono. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA.
A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadania o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionanado as ferramentas que garantan a súa participación.
O 1 de setembro é a data na que os grupos que están a participar no Proxecto Ríos teñen a partires do cal poden achegarse ao seu río para facer a inspeccióndo mesmo. Esta campaña extenderase ate o día 15 de outubro no que remate a citada campaña.
Cos datos recollidos nesta campaña e os da pasada campaña de primavera realizarase o Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos, informe que se presentará o 15 de decembro. O día 22 de setembro, terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as VI Xornadas de formación de coordenadores/as de grupo do Proxecto Ríos. Nestas V Xornadas pretendemos incidir como cada ano no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras.
Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos. Así mesmo, estanse a programar saídas formativas con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, ampas, grupos ecoloxístas,…).
As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios/as poda logo desenvolver o programa autónomamente.
Como novidade nesta campaña de outono en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, celebrarase durante os fíns de semana do mes de outubro un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha análise e diagnose do estado de saude dos treitos alto, medio e baixo do Tea empregando a metodoloxía do Proxecto Ríos.
O voluntariado terá cubertos os gastos de desprezamento, aloxamento e manutención.
