04/09/ 2007

Unha Xornada achegará o dereito ambiental como ferramenta para protexer o medio ambiente

Filed under: Convocatoria

 As xornadas pretenden servir de base ao ecoloxista activo e ao cidadán concienciado sobre a necesidade que temos de coñecer a diferente normativa que está á nosa disposición e que moitas veces descoñecemos. Que facer? Que ferramentas xurídicas utilizar? A que autoridades recurro? A cuestións como estas intentarase dar resposta dividindo en varias áreas competenciais as xornadas, abordando dende a normativa comunitaria á municipal, pasando polas competencias estatais e autonómicas, que se complementan con experiencias prácticas.

(more…)

ADEGA rexeita os argumentos do Plan Director de Portos Deportivos

A información presentada non xustifica o incremento dos amarres previsto
No marco do proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica ao que está sendo sometido o Plan Director de Portos Deportivos, ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) pon de manifesto a falta de xustificación do previsto incremento de amarres ademais dunha flagrante carencia de datos ambientais que permitan unha avaliación ambiental seria e argumentada.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here