Plantas endémicas ameazadas por cultivos e plantacións de eucaliptos
Diversas especies endémicas presentes no LIC Serra do Careón ven ameazada a súa supervivencia pola continuación das políticas de desenvolvemento dos cultivos forestais, a ausencia de instrumentos reguladores e a falta de organización entre Consellerías.O LIC “Serra de Careón”, situado entre as provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra é unha área de especial interese botánico na Península, xa que alberga varias espécies endémicas (o único lugar onde medran é este LIC), incluídas na categoría “En perigo crítico” e “En Perigo” no “Libro Rojo de la Flora Amenazada de España”, como a Santolina melidensis, Leucanthemum gallaecicum ou Armeria merinoi.
A conservación destas especies até a actualidade viuse favorecida porque medran sobre solos serpentínicos, que pola súa toxicidade (estes solos conteñen de maneira natural elevadas concentracións de metais pesados como níquel, cromo ou cobalto) foron tradicionalmente incultos.
Alleos a estes importantes valores, anteriores gobernos levaron adiante procesos de concentración parcelaria nesta área que, sumados a unhas políticas “desarrollistas”, favoreceu que na última década grande parte das áreas de interese fosen transformadas en plantacións de eucaliptos e prados a través da destrución da vexetación endémica.
O fracaso do novo Goberno na implantación da transversalidade das políticas ambientais, fixo posible que esta destrución continúe, xa que, aínda que estas áreas pertencen á Rede Natura 2000, seguen sen ter establecidas as ferramentas de planificación e protección (PORN e PRUX), e a CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL segue a conceder permisos e axudas para a transformación de Hábitats de interese prioritario en prados e monocultivos de eucalipto.
Desde a FEG queremos alertar á sociedade para deter este proceso e acadar que o noso patrimonio natural, unha parte da biodiversidade mundial, sexa un recurso para criar riqueza e non unha molestia que eliminar cunha retroexcavadora.
A FEG preguntase onde están as promesas de non financiar os cultivos de eucalipto, cando se está a facer de forma indirecta (preparación de terreos, desbroces ou rotulación), e máis graves aínda cando se destrue o noso patrimonio natural.

Plantas endémicas ameazadas por cultivos e eucaliptos
O LIC “Serra de Careón”, entre as provincias de A Coruña, O Lugo e A Ponte Vedra alberga espécies endémicas, na categoría “En perigo crítico” e “En Perigo”. O fracaso do novo Goberno nas políticas ambientais, fixo posible que a des…
Trackback by chuza.org — 06/09/ 2007 @ 12:35