13/09/ 2007

Xunta de Governo de Augas de Galiza, 4 anos e 10 meses sen reunirse

Filed under: Augas e Ríos

Estes feitos foron denunciados por ADEGA ante o Valedor do Pobo
A Xunta de Governo de Augas de Galiza que é o organismo responsábel da xestión da auga na cunca hidrográfica Galiza Costa non se reúne dende hai case 5 anos. A última reunión deste organismo foi en novembro do ano 2002. Nesta Xunta de Governo están representados os grupos ecoloxistas galegos entre outros representantes de entidades relaccionadas coa xestión e conservación da auga.


A situación de contaminación descontrolada da costa galega con numerosos vertidos de augas residuais sen depurar que afectan gravemente á pesca e ao marisqueo, ademais da situación de descontrol absoluto dos vertidos das piscifactorías que carecen de permisos definitivos dende hai lustros, ocasiona prexuizos ao interese público debido ao desleixo organismo autónomo Augas de Galiza.

A falta de convocatoria dos organismos de participación como a Xunta de Governo de Augas de Galiza ocasiona indefensión aos cidadáns que non dispoñen de información veraz procedente deste organismo. Según o regulamento interno de Augas de Galiza a súa Xunta de governo debe ser convocada candomenos unha vez ao ano.

A disculpa de que vai ser creada unha “Axencia Galega da Auga” para non convocar este organismo é inaceptábel, máximo cando cando se está a tramitar un Plano de Acuicultura que vai danar gravemente os recursos marisqueiros e pesqueiros e silencia a participación cidadá. Augas de Galiza mantén nunha situación de ilegalidade infraestruturas acuícolas existentes e, polo momento, non amosou ningún interese na resolución dos problemas denunciados.

ADEGA puxo estes feitos en coñecemento da oficina do Valedor do Pobo que xa realizou recomendacións a Augas de Galiza para que convoque regulamentariamente a súa Xunta de Governo.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/09/13/xunta-de-governo-de-augas-de-galiza-4-anos-e-10-meses-sen-reunirse/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here