14/09/ 2007

Arrincará a herba de coitelo da Illa de Sálvora

Verdegaia prosegue coa súa campaña de erradicación de herba do coitelo dos areais galegos no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia


Os vindeiros días 15 e 16 de setembro proseguerá a campaña de erradicación de herba do coitelo (Carpobrus edulis e C. acinaciformis) cunha actuación de erradicación na Illa de Sálvora. A actividade estará coorganizada co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

A actuación de erradicación de herba do coitelo consistirá na extracción manual desta especie dalgunhas zonas da illa onde é abundantísima gracias á plantación masiva levada a cabo no lugar durante o século pasado e contará coa presenza de quince voluntari@s de Verdegaia.

O método de extracción será moi simple e consistirá en retirar as prantas do areal coas mans cubertas con luvas e sen axuda de ferramentas tendo moito coidado de non deixar ningunha parte da pranta na zona de actuación para evitar posteriores rebrotes. Os restos vexetais meteranse en sacos erméticos e deixaranse descompor na mesma illa.

Con esta campaña de erradicación de herba do coitelo, Verdegaia pretende realizar actuacións puntuais que axuden a mellorar o estado de conservación dos ecosistemas litorais, que xeneren un debate social arredor desta e outras especies alóctonas presentes en Galicia e que incentiven ós propios concellos e administracións a levar a cabo medidas de conservación nas dunas, areais, e ecosistemas costeiros en xeral.

As dúas especies de herba do coitelo presentes nos areais galegos son de orixe sudafricana, aparecendo subespontaneamente en zonas de praia ou recubrindo rochas litorais.

Ó contrario do pensamento habitual de que a herba do coitelo é unha pranta propia de Galicia (xa que a xente a leva vendo nos areais dende fai moitos anos) e que é moi bonita e inofensiva, a herba do coitelo xenera importantísimos danos nos ecosistemas litorais como a extinción das especies autóctonas nas zonas onde se asenta, a homoxeneización do ecosistema, o freo ó tránsito de area polas dunas onde está presente,… co que a súa erradicación é a única medida posible para manter en bo estado de conservación os lugares onde aparece.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/09/14/arrincara-a-herba-de-coitelo-da-illa-de-salvora/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here