17/09/ 2007

Posicionamento ecoloxista sobre o polígono de Carballeda de Avia

Filed under: Residuos

Encol da protesta polo polígono de Carballeda de Avia,ADEGA quere manifestar o seguinte: As organizacións ecoloxistas (ADEGA, Amigos da Terra, Coto do Frade, FEG, e Verdegaia) arrincamos da administración o compromiso de que en Carballeda NON se van tratar os RSUs do sur, polo que non se pode falar de "macrovertedoiro". Esta e outras afirmacións do Manifesto do FORO CÍVICO non se axustan á realidade e préstanse á demagoxia política. Os esforzos por concordar un documento de mínimos que recollera as principais reivindicacións ecoloxistas e sociais, foron infrutuosos. ADEGA seguirá esixindo da Xunta un Plano Galego de Residuos baseado na reducción, na reciclaxe e na compostaxe descentralizada, pero tamén apelamos á responsabilidade da cidadanía para facelo viábel e arredarse do coñecido efeito NIMBY.

(more…)

Costas edifica un galpón no dominio público e a Fiscalía arquiva o caso

TRAGSA constrúe na Frouxeira (Valdoviño) un edificio en pleno Dominio Público Marítimo-Terrestre. En abril pasado, Costas xa derrubara outro edificio similar na mesma zona por invadir o DPMT, que agora substitúe por este. Ambas actuacións, promovidas pola administración son incompatíbeis coa Lei de Costas. Ante a Denuncia de ADEGA, o fiscal de urbanismo arquivou as dilixencias pola "construcción dun muro en Ferrol" xa que é "unha actuación desenvolta en solo urbano" !!. Como é que Costas e a xustiza parecen a ignorar a lei?

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here