21/09/ 2007

Verdegaia realiza unha comparativa de medios de transporte urbanos en Compostela, Ferrol, Ourense e Vigo

Filed under: Transporte

A bicicleta resultou o medio máis eficaz para desprazase pola cidade empregando a metade de tempo que o automóbil e unha terceira parte que o autobús

   Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, Verdegaia desenvolveu unha comparativa de medios de transporte urbanos nas catro cidades coa finalidade de establecer con datos fiábeis cal é o medio máis eficaz e eficiente para moverse pola cidade. Os datos obtidos permiten afirmar que a diferencia entre empregar a bicicleta no canto do automóbil en desprazamentos urbanos durante un ano pode evitar a emisión de 600 kg/CO2, permite gañar 210 horas de tempo e aforrar máis de 400 €

   A metodoloxía consistiu en establecer un itinerario entre puntos que actúen de polos de atración nas respectivas cidades e percorrelo simultáneamente con 5 medios de transporte distintos: a pé, en bicicleta, moto, coche, taxi e autobús. Os traxectos variaron entre 4 e 7 km segundo a cidade.

    As condicións que permitiron recoller resultados fiábeis foron:
    *     Procuráronse traxectos que foran reais, é dicir, que permitiran desenvolver algunha actividade cotián dentro da cidade e que combinaran distintos graos de pendente para crear condicións obxectivamente parellas para os modos de transporte.
    *     Realizáronse con bo tempo, xa que os días de chuvia xa crean de por si condicións moi difíciles en canto a número de vehículos en circulación e desenvolvéronse cando a actividade escolar comezaba nos colexios de primaria pero non no ensino secundario nin universitario, buscando unha “media” entre o tráfico menor dos días de verán e o tráfico particularmente intenso cando o curso está en marcha en todos os ciclos.
    *     Os traxectos enténdense “de porta a porta”, marcándose o tempo no momento de chegar á ao portal do edificio en cuestión O itinerario entre puntos é de libre elección coa condición de base para todos os medios de respectar a normativa de tráfico e municipal vixente.

 Os parámetros que se avaliaron foron o tempo de desprazamento, os gastos do vehículo (carburante, amortización, seguros, tarifas), o consumo de combustíbel e as emisións de CO2.

    Os resultados nas catro cidades foron moi semellantes podéndose resumir en:
    1.      A bicicleta e a moto foron os medios máis rápidos para desplazarse na cidade, pero tendo en conta os custos económicos e as emisións de CO2, a bicicleta é con diferenza a máis eficaz.
     2.     As diferenzas de tempo son mínimas (5 a 10 min) entre ir a pe e ir en taxi/coche reflicten dous elementos a ter en conta no momento de decidir o emprego dun ou outro medio de transporte: Os tempos de espera no caso do taxi e os de aparcar (búsqueda e maniobra) no do coche anulan practicamente a vantaxe comparativa co ir a pé, máis se temos en conta so custos monetarios, e a velocidade media nas cidades é moi baixa malia que a sensación do conductor/a sexa distinta.
    3.     Os tempos de traxecto do autobús fanno inviábel para desenvolverse con soltura pola cidade en traxectos combinados. Este factor se debe fundamentalmente á pesenza de retencións na cidade así como uns tempos de espera nas paradas excesivamente longo.
    4.     O automóbil e con grande diferencia o medio de transporte máis insustentábel ambientalmente e custoso económicamente.
    5.     A avaliación conxunta dos distintos parámetros demostran que a bicicleta é o medio máis eficaz para moverse dentro da cidade cun custo económico mínimo, rapidez nos desprazamentos, ocupación mínima do espazo urbano e grandes vantaxes ambientais e sociais.

   En base a estes resultados, Verdegaia demanda a adopción de medidas urxentes para reducir o uso do coche nas cidades e trasvasar viaxeiros a outros modos de transporte de menor impacto ambiental, nomeadamente o transporte público colectivo e os desprazamentos non motorizados, isto é, andar ou pedalear.

   Estas medidas urxentes teñen que ter unha dobre compoñente simultánea de disuasión e estímulo. Disuasión para o emprego do coche mediante os múltiples mecanismos posíbeis (parquímetros, restricciones de acceso, peajes, non ampliación de estradas, pacificación do tráfico) e estímulo para os medios máis ecolóxicos (melloras no transporte público, con carriles exclusivos, itinerarios peatonales e ciclistas seguros, ampliación de beirarrúas).

   No Día sen Coches, Verdegaia reclama ás distintas administracións o desenvolvemento das seguintes medidas:
    1. Moratoria na construción de grandes infraestruturas de transporte pensadas para o automóbil. Calquera nova circunvalación, autovía ou variante estimula o incremento do uso do coche de tal xeito que anula as posíbeis vantaxes da súa construción. Galiza conta con exemplos abondosos do colapso de autovías e vías rápidas: Vía Rápida do Barbanza, Vía rápida do Salnés, etc.
    2. Priorización do transporte público e dos investimentos para mellorar a súa calidade. Prestando atención non só á cantidade, senón sobre todo á calidade do servizo: mellora de frecuencias, ampliación de horarios (incluídos nocturnos), billetes combinados, etc.
    3. Fomentar o establecemento dun ferrocarril sustentábel e social, entendido como un servizo público. A aposta polo insustentábel e elitista AVE detrae as inversións imprescindíbeis para dotármonos dunha rede artellada de ferrocarril que xunga as principais cidades e vilas galegas. A cosntrución da liña Santiago – Lugo e o establecemento de servizos de ferrocarril de cercanías entre Vigo e Pontevedra e A Coruña, serían os primeiros pasos necesarios xunta coa electrificación total da rede ferrioviaria galega. Non é de recibo que Galiza, unha das maiores produtoras de enerxía eléctrica do estado siga a depender de vellos automotores diesel.
    4. Implantación dunha Rede Básica de Vías Ciclistas. Unha Rede Básica comprende non só vías ciclistas, senón tamén rúas tranquilas e espazos seguros compartidos con outros medios de transporte, para dar unha continuidade e seguridade ao desprazamento en bicicleta. Aparcamientos para bicis, posta en marcha de plans de impulso á bicicleta, acceso en bicicleta aos transporte público serían outras medidas que facilitarían a universalización deste modo ecolóxico de transporte.
    5. Acougado do tráfico. Posta en práctica, en todos os barrios, de medidas para limitar a velocidade a 20-30 km/h, dando prioridade a peóns e ciclistas, realizando itinerarios sinuosos para os coches, colocando bandas elevadas na calzada e cantas medidas sexan necesarias para obrigar aos automóbiles a adecuar a súa velocidade a valores seguros para os outros usuarios da vía.
    6. Medidas de fomento da peonalidade coa de redes de itinerarios peonais, ampliación de beirarrúas, establecemento de pasos de peóns seguros e amplos en todolos cruces, cun aumento dos tempos de paso semafóricos.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/09/21/verdegaia-realiza-unha-comparativa-de-medios-de-transporte-urbanos-en-compostela-ferrol-ourense-e-vigo/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here