21/09/ 2007

Xornada informativa sobre as piscifactorías en Arou

Filed under: Litoral

O próximo sábado 22 de setembro terá lugar ás 19:00 na Casa da Cultura de Arou unha sesión informativa sobre a problemática das piscifatorías.

Adela Figueroa, Presidenta de ADEGA, informará aos veciños e veciñas de Arou sobre os problemas que pode causar o proxecto de construcción dunha macropisifatoría nesta parte do Concello de Camariñas. Este é un dos proxectos de acuicultura industrial que xunto co da veciña localidade de Camelle, forman parte do Plano Acuícola pendente de resolver por parte da Xunta.

A ocupación da costa de Arou por unha instalación de grandes dimensións carece das necesarias garantías medioambientais en canto a depuración das augas residuais. Neste senso cómpre lembrar que Arou carece de depuradora urbana, e a actual contaminación contaminación pode verse incrementada polos vertidos desta macropiscifactoría.

ADEGA convida a todas e todos os veciños de Arou que poden verse afectados por este proxecto a asistir a este acto e informarse sobre as consecuencias deste proxecto insustentábel.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/09/21/xornada-informativa-sobre-as-piscifactorias-en-arou/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here