22/09/ 2007

Que pasa coa telefonía mobil en Pontevedra

Filed under: Contaminación

Mañá sábado 22 de Setembro, a Asociación Pola Defensa dá Ría solicitará ao Concello de Pontevedra, vía rexistro, información detallada sobre as antenas base de telefonía móbil instaladas e en funcionamento na actualidade na nosa cidade que contan coa prescritíbel “Licencia Municipal”, necesaria para poder realizar a súa actividade.

Esta petición continua o estudo desenvolvido e presentado por esta asociación aos medios de comunicación en xuño deste ano cun mapa das 20 antenas base detectadas na cidade así como das zonas sensíbeis afectadas (colexios, lugares de recreo, centros de maiores, centros sanitarios, …). Todo iso enmárcase na preocupación polo aumento consecutivo dunha polución invisibel como a da electrocontaminación, base da campaña informativa que a APDR está e seguirá levando durante este e os vindeiros meses.

As minicentrais hidroeléctricas: un pesadelo que non cesa

Filed under: Augas e Ríos, Enerxía

Malia á suspensión en 2005 da concesión de 32 aproveitamentos hidroeléctricos e á aprobación da ILP en Defensa dos Ríos no 2006, son aínda moitas as minicentrais que amezan a vida dos nosos ríos. As concesións feitas na era Fraga poden efeitivizarse en calquera momento, xa que abonda con meter unha pá no río nos dous anos seguintes á concesión para validar o "comezo" das obras, podendo logo demorarse sine die. Esta trécola permite que as empresas, moitas delas sen capacidade económica, teñan aferrollados numerosos treitos de ríos para especular cos aproveitamentos.

(more…)

O Proxecto Ríos inicia a súa campaña de outono 07

Entre as actividades previstas para esta campaña están  a realización de saídas formativas, un curso de formación e un campamento de voluntariado ambiental no río Tea.

Dende o 1 de setembro que comezou a campaña de outono do Proxecto Ríos, e que se prolongará até o 15 de outubro participarán 215 grupos de voluntarios/as de todo o país.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here