24/09/ 2007

Medio ambiente, transporte e saude

Filed under: Prensa, Transporte

Igual que para coñecer o sistema sanitario o mellor é pasar por enfermo uns meses, entre médicos, ambulatorios e hospitais; para coñecer o sistema penal non hai mellor cousa que durmir unhas semanas nas mazmorras dalgunha dos cárceres do país, para coñecer o transporte urbano propoño sacar a bici do faiado logo dos paseos estivais e desprazarse ao traballo polo interior das vísceras do sistema urbano, para experimentar intensamente os fumes, berros, ruídos, insultos da variada fauna humana que cando se sobe a un coche saca o peor que leva dentro e converte a rúa nunha auténtica xungla.

A situación é grave; a maior parte das cidades españolas de máis de 100.000 habitantes están absolutamente colapsadas e a maioría dos políticos e os seus "planificadores" non saben facer outra cousa que agudizar a espiral de retroalimentación positiva: máis coches, máis accesos, máis parkings, máis coches…

Para este día 22 do Transporte Sostible debemos chamar a atención sobre a complexa rede de interaccións existentes entre o modelo de cidade, a mobilidade de persoas e mercancías, os estilos de vida, o cambio climático e a calidade de vida das persoas.

Publicado no País, por Manuel Antonio Fernández Domínguez o  22 de setembro.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/09/24/medio-ambiente-transporte-y-salud/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here