O Currículo oculto antiecolóxico dos libros de texto:
Que o deterioro da biosfera aumenta a unha velocidade cada vez maior parece estar xa fora de toda dúbida. A globalización capitalista, precisa de inxentes cantidades de materias primas para o mantemento do nivel de vida do 10% da poboación mundial que posúe o 85% do capital (Wider, 2006), ignorando a situación dos 5400 millóns de persoas restantes As consecuencias: un desequilibrio social e ambiental, que paralelo ao crecemento exponencial do consumo e nivel de vida (que non necesariamente calidade de vida), dese 10% rico, comeza a amosar o rostro dun Dr. Jekill, que xa non precisa de Mr. Hyde para portarse mal.
Que é o que se aprende desta crise ambiental nas escolas?
Que é o que lles ensinan aos nenos e nena para facer fronte aos desafíos futuros?
Buscando dar resposta a parte destas preguntas, a Comisión de Educación Ecológica de Ecologistas en Acción, elaborou un estudio cualitativo sobre os libros de texto, buscando as mensaxes explícitas, implícitas, as omisións ou as deformacións duns contidos que agochan a magnitude da insostibilidade, as súas causas e as súas responsabilidades.Neste curso, traballaremos a identificación das claves da insostenibilidade e o pensamento antiecolóxico que se constrúe dende os libros de texto, aínda que non só dende eles, e os camiños cara unha nova cultura sustentábel dentro e fóra da escola, proporcionando as ferramentas para o seu estudo nos libros de texto galegos.
Dende Verdegaia, gustaríanos estender este estudio ao contexto galego, animando todas aquelas persoas e colectivos que puideran estar interesados, á creación dun grupo de traballo que poida acometer esta labor. Este curso pretende ser un primeiro paso neste camiño.
PERSOAS DESTINATARIAS
Persoas e colectivos interesados na educación e na cultura da sostenibilidadeOBXECTIVOS
- Facerse máis conscientes da insostenibilidade do noso modo de vida e coñecer algunhas claves da sustentabilidade.
- Analizar o currículo oculto insostible dos libros de texto.
- Cambiar as lentes para entender as categorías fundamentais da vida dende a sustentabilidade.
- Aproximarse a claves, estratexias e recursos dunha educación para a sustentabilidade.
- Crear un grupo de traballo multidisciplinar a nivel galego, que poida acometer a elaboración dun estudio do currículo antiecolóxico dos libros de texto en Galiza.
CONTIDOS
- Un mundo inxusto e sobreexplotado.
- O currículo oculto insostible dos libros de texto. Resultados do estudo realizado sobre 60 libros de texto de 6º curso de Ensino primario e de 1º de Bacharelato de case a totalidade das materias e de boa parte das editoriais máis comúns.
- Metodoloxía do estudio e posible adaptación ao contexto galego.
RELATOR
Fernando Cembranos Membro de Ecoloxistas en Acción e coordinador, xunto con Yayo Herrero e Marta Pascual, do estudo “El currículo oculto antiecológico de los libros de texto”. Editorial Popular. Madrid, 2007.LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN
20 de outubro de 2007Centro de educación ambiental Equal. Coles (Ourense). Estrada Ourense-Santiago, dirección A Peroxa Teléfono: 669 25 72 83 / 988 26 43 10
Data límite de inscrición. 15 de outubro. Prazas limitadas.
PREZO
7 €. Descontos para socios/as de Verdegaia e Ecoloxistas en Acción.LOXISTICA
Existe a posibilidade de durmir no Centro Equal, as noites do 19 e do 20. (11 € por persoa e día, almorzo incluído)ORGANIZA:
Verdegaia. Colabora Ecologistas en Acción.