27/09/ 2007

As obras dun parque eólico destrúen por completo un espazo protexido da Rede Natura

GRAVE ATENTADO MEDIOAMBIENTAL NO LIC BRAÑAS DE XESTOSO
As Brañas de Xestoso, espazo integrado na Rede Natura 2000 de Galiza e que partillan os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei están sendo destruidas neste mesmo intre polas obras dun parque eólico.


As obras, que inclúen a apertura de pistas, a instalación dos muíños, a construcción dunha subestación eléctrica e dunha liña de alta tensión van provocar a fragmentación e drenaxe das zonas húmidas e un impacto paisaxístico e ambiental irreversíbel.

ADEGA e os veciños/as da zona teñen interpostos recursos administrativos contra construcción deste parque por violar as leis de protección da natureza, que no entanto semellan terse desestimado por “silenzo administrativo”.

Por se isto fora pouco estase construindo dentro do Concello da Estrada onde estas obras carecen de licenza de obras. Estas irregularidades súmanse á violación das modificacións do proxecto obrigadas pola Consellería de Industria no ano 2004 que modifican a ubicación de varios aeroxeneradores.

Nestes momentos, o proxecto está desenvolvéndose seguindo o planexamento orixinal e incumprindo as modificacións preceptivas ás que obrigaba o decreto de modificación do expediente IN661A 99/1-4, emitido por Industria no 2004, e que obrigaba a inserir cambios na ubicación dalgúns elementos.

Estas modificacións atinxían por exemplo a algúns aeroxeradores, como o situado dentro do Concello de Silleda, que afectaba á zona de protección patrimonial dunhas mámoas no Couto de San Sebastián.

ADEGA xa puxo estes feitos en coñecemento do SEPRONA, das Consellerías de Cultura, Industria e Medio Ambiente e do Concello da Estrada, de cara a conquerir a paralización cautelar das obras.

No recurso de reposición interposto no seu momento por ADEGA alégase que a declaración de interese público non está xustificada, ao afectar a espazos protexidos que dispoñen tanto de hábitats de interese comunitario como hábitats prioritarios protexidos pola Directiva de Hábitats (92/43 CE). A este respeito, ADEGA vai poñer estes feitos en coñecemento da Comisión Europea, para que en Europa se decaten do respecto que se está a ter no noso país pola conservación das áreas protexidas, e o destino que se lle estan a das aos fundos FEDER e de cohesión.

Finalmente ADEGA solicita o apoio de todas os cidadáns defensores/as da natureza para evitar que se siga a producir a destrucción dos nosos ecosistemas máis valiosos, tal como ocorreu na Serra do Xistral e agora nas Brañas de Xestoso cos parques eólicos.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/09/27/as-obras-dun-parque-eolico-destruen-por-completo-un-espazo-protexido-da-rede-natura/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here