01/10/ 2007

A Fiscalía ordena unha investigación para localizar as verteduras incontroladas de explotacións gandeiras

Filed under: Contaminación

Pretende articular sancións administrativas ou penais se as dilixencias abertas así o determinan (Europa press)
A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou ao Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) que investigue o alcance das verteduras incontroladas de explotacións gandeiras en Galicia co fin de articular, no que caso de que así proceda, posibles sancións administrativas ou penais por estas prácticas contaminantes.


Segundo informou hoxe a Fiscalía, incoáronse unhas dilixencias informativas destinadas a coñecer o alcance que teñen as verteduras de restos orgánicos de explotacións, coñecidos como xurros e que se efectúan en situacións de descontrol ou á marxe das normas ambientais, coa finalidade de preservar un "adecuado grao de calidade da contorna galega".

Ante esta situación, o fiscal xefe do TSXG, Carlos Varela, ordenou a apertura dunhas dilixencias informativas para coñecer a dimensión desas verteduras, a súa localización xeográfica, así como as consecuencias que para a pureza das augas e do medio en xeral poidan ter.

Así, a Fiscalía xustificou esta medida pola "especial incidencia" que as industrias agroalimentarias teñen na economía galega e a existencia de acuíferos e canles susceptibles de transportar, nos supostos de verteduras ilegais, e, xa que logo, "multiplicar o risco xerado por unha equivocada ou ilícita xestión" de residuos destas explotacións.

Por iso, considerou que se impón" a necesidade de realizar un control sobre esta "forma irregular de proceder" que pon, segundo destacou, en "claro perigo de contaminación a integridade do medio ambiente".

A investigación, segundo aclarou a Fiscalía, non pretende criminalizar ás explotacións, "senón investigar" a aquelas que, ao saltarse os preceptos legais, "inciden de xeito directo na saúde das persoas ou no equilibrio dos sistemas naturais". Respecto diso, precisou que neste caso, o debate recae sobre os "efectos concretos" que a vertedura procedente dos contornos que deberán ser investigados pode producir sobre os elementos naturais.

PLAN DE VERTEDURAS.

Pola súa banda, a Xunta anunciou o pasado venres que declarará a inviabilidade das empresas que incumpran reiteradamente cos permisos de residuos habilitados pola Administración, e informou de que un total de 55 efectivos controlan en tempo real desde principios de mes a calidade das augas dos ríos radicados na demarcación Galicia-Costa.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/01/a-fiscalia-ordena-unha-investigacion-para-localizar-as-verteduras-incontroladas-de-explotacions-gandeiras/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here