01/10/ 2007

Informe de sustentabilidade do transporte

Filed under: Transporte

COMPARATIVA URBANA DE MEDIOS DE TRANSPORTE EN VIGO

 Verdegaia ben de publicar os resultados finais da "carreira dos medios de transporte" que organizou en Vigo o pasado día 18 de setembro.


Obxectivo Xeral
Contribuír a reorientar o debate sobre a mobilidade e a accesibilidade no ámbito urbano fóra dos parámetros de máis infraestruturas, apostando xa que logo por unha optimización no uso das xa existentes, mediante unha priorización dos modos de transportes máis eficaces/eficientes en
base ao tempo de traxecto, consumos, emisións contaminantes, ocupación de espazo urbano e custos do desprazamento.

Obxectivos específicos
•    Fornecer conclusións baseadas nos datos obtidos que permitan avaliar o grao de eficacia dos distintos modos de transportes dispoñíbeis no ámbito urbano.

•    Concienciar á cidadanía da súa responsabilidade persoal na elección do modo de transporte, achegándolle as características de cada un baseadas en demostracións prácticas.

•    Subministrar unha ferramenta para a reflexión dos responsábeis políticos e da administración que permitan camiñar ate unha mobilidade verdadeiramente sustentábel.

Condicións de partida

Procuráronse traxectos que foran reais, é dicir, que permitiran desenvolver algunha actividade cotián dentro da cidade.

Os traxectos combinan distintos graos de pendente para crear condicións obxectivamente parellas para os modos de transporte.

Realizáronse con bo tempo, xa que os días de chuvia xa crean de por si condicións moi difíciles en canto a número de vehículos en circulación.

Desenvolvéronse cando a actividade escolar comezaba nos colexios de primaria pero non no ensino secundario nin universitario, buscando unha “media” entre o tráfico menor dos días de verán e o tráfico particularmente intenso cando o curso está en marcha en todos os ciclos.

Os traxectos enténdense dende o punto de partida ate o punto final, marcándose o tempo no momento de chegar ao segundo punto.

O itinerario entre puntos intermedios é de libre elección.

Condición de base para todos os medios é o respecto da normativa de tráfico e municipal vixente.

Parámetros que se avalían
1. Tempo global consumido no traxecto.

2.  Emisións de CO2:
    2,13 kg/l de CO2 en gasolina.
    2,67 kg/l de CO2 en gasóleo.

3. Gasto en combustíbel en litros e euros:

A moto consume 3,6 l/100 km.

Un automóbil/taxi moderno sinala un consumo medio de 6,5 l/100 km en réxime urbano en condicións óptimas (sen paradas). Nas condicións habituais das cidades (atascos, semáforos, aparcar) o consumo sube a entre 7 e 9 l, sempre falando dun automóbil diesel moderno. Nesta comparativa collemos a cifra media de 7,5 l/100km.

Para calcular o consumo do autobús temos que ter en conta algunhas particularidades: o cálculo compre facelo por viaxeiro/km porque na mesma unidade viaxan varios pasaxeiros. Para ter datos fiábeis baseámonos no Dossier Técnico “Movilidad urbana, energía transportes y medio ambiente” publicado no 2002 polo Ministerio de Medio Ambiente e o Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía que sinala que o consumo dos autobuses urbanos por pasaxeiro é a cuarta parte do consumo dun automóbil diesel pequeno por pasaxeiro/km, é dicir, 1,8 l/100 km.

4. Outros gastos:

No caso da bicicleta enténdese a amortización da mesma (400 euros) durante un período de 10 anos e con 3000 km/ano de uso (8 km diarios), resultando a cifra de 0,01 euros/km.

No caso da moto enténdese a amortización da mesma, un modelo de 50 c.c (3000 euros), a 10 anos con 10.000 km anuais máis 125 euros de seguro/ano e 40 euros de imposto de matriculación resultando a cifra de 0,04 euros/km.

No caso do automóbil privado enténdese a amortización do vehículo (12.000 euros) a 10 anos con 30.000 km/ano de uso máis o seguro (400 euros/ano) e o imposto de circulación (70 euros/ano) resultando a cifra de 0,05 euros/km.

No autobús enténdese con un billete de bonobus de 0,49 euros.

No taxi enténdese a tarifa pagada.

Modos de transporte empregados

•    A pé
•    Bicicleta
•    Moto
•    Autobús
•    Taxi.
•    Coche particular

Lugar

Vigo

Puntos de referencia

Punto de saída: I.E.S. Castelao.

Primeira parada: cruce dos Choróns.

Segunda parada: Praza de España.

Punto de chegada: porta principal do Concello de Vigo.

Resultados

Medio de transporte    
A pé: Distancia en Km 2.5, Tempo en minutos 48’, Custos monetarios (euros): Carburante 0, Custos monetarios (euros): Outros 0 Custos ambieitais: Consumo/l 0, Custos ambientais: Emisións CO2/kg 0

Bicicleta: Distancia en Km 3.2, Tempo en minutos 16’, Custos monetarios (euros): Carburante 0, Custos monetarios (euros): Outros 0.03 Custos ambieitais: Consumo/l 0 , Custos ambientais: Emisións CO2/kg 0

Moto: Distancia en Km 3.2, Tempo en minutos 20’ , Custos monetarios (euros): Carburante 0.12, Custos monetarios (euros): Outros 0.13 Custos ambieitais: Consumo/l 0.11, Custos ambientais: Emisións CO2/kg 0.14

Autobús: Distancia en Km 4.5, Tempo en minutos 46’, Custos monetarios (euros): Carburante (non se coñece), Custos monetarios (euros): 3.09 Outros  Custos ambieitais: Consumo/l 0.08, Custos ambientais: Emisións CO2/kg 0.23

Taxi: Distancia en Km 3.2, Tempo en minutos 33’ , Custos monetarios (euros): Carburante (non se coñece), Custos monetarios (euros): Outros 10.20 Custos ambieitais: Consumo/l 0.24,  Custos ambientais: Emisións CO2/kg 0.60

Coche: Distancia en Km 3.2, Tempo en minutos 59’, Custos monetarios (euros): Carburante 0.23, Custos monetarios (euros): Outros 0.16 Custos ambieitais: Consumo/l 0.24, Custos ambientais: Emisións CO2/kg 0.65

Conclusións

A bicicleta e a moto foron os medios máis rápidos para facer o percorrido.

As diferenzas de tempo entre ir a pé e ir en coche (con once minutos máis indo en coche) reflicten dous elementos a ter en conta no momento de decidir o emprego dun ou outro medio de transporte:

1. Os tempos de aparcar (búsqueda e maniobra) no caso do coche anulan a vantaxe comparativa co ir a pé, máis se temos en conta só custos monetarios.

2. A velocidade media nas cidades é moi baixa malia que a sensación do conductor/a sexa distinta.

Os tempos de traxecto do autobús fanno inviábel para desenvolverse con soltura pola cidade en traxectos combinados. Este factor se debe fundamentalmente á presenza de retencións na cidade así como uns tempos de espera nas paradas excesivamente longo.

O automóbil é con grande diferencia o medio de transporte máis insustentábel ambientalmente e custoso económicamente.

A avaliación conxunta dos distintos parámetros demostran que a bicicleta é o medio máis eficaz para moverse dentro da cidade cun custo económico mínimo, rapidez nos desprazamentos, ocupación mínima do espazo urbano e grandes vantaxes ambientais e sociais.

Cómpre xerarquizar o uso dos modos de transporte a modo de pirámide ambiental na que a base dos desprazamentos sexan a pé ou en bicicleta, seguidos polo transporte público colectivo e só en circunstancias especiais empregar o automóbil.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/01/informe-de-sustentabilidade-do-transporte/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here