O PATRIMONIO CULTURAL MOAÑÉS AGREDIDO

A Dirección Xeral de Patrimonio Cutural da Consellería de Cultura e Deportes
RESOLVEU o 27 de xullo do 2007 impoñer á empresa Excavaciones y Conducciones de Galicia, S.L. (EXCONGAL) unha multa de 130.000 euros e a obriga de restituir as cousas ao seu primitivo estado como responsable da comisión de dúas infraccións administrativas tipificadas no artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, no entorno de protección do Petroglifo de Pozo Garrido, no lugar de Reibón, Concello de Moaña, declarado monumento histórico-artístico de carácter nacional e que ten a consideración de Ben de Interese Cultural de Galicia, co número de Rexistro (GA36029007).
(more…)