05/10/ 2007

ADEGA denuncia que Fomensa Hispania comezou as obras sen dispor de licenza

O PARQUE EÓLICO DO COUTO DE SAN SEBASTIÁN (BRAÑAS DE XESTOSO) CARECE DA APROBACIÓN DO PROXECTO SECTORIAL DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL
O espazo natural da Rede Natura “Brañas de Xestoso”, situado entre os concellos de Silleda, A Estrada e Forcarei, está sendo obxecto dun grave atentado ecolóxico por parte da empresa Fomensa Hispania S.L. e a súa asociada ENEL-Unión Fenosa Renovables.


 Esas empresas, sen atender ningún principio ético ou de responsabilidade social ou medioambiental, iniciaron ilegalmente as obras de construcción de nove aeroxeneradores e unha subestación, que ocasionarán, se non se paralizan, prexuizos irreparables nos hábitats e nas especies protexidas que viven nas Brañas de Xestoso. As empresas carecen do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, que debe ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, requisito imprescindíbel para o comezo legas das obras, e, ademáis, non dispoñen da licencia municipal do Concello de A Estrada para tres dos nove aeroxeneradores.

 O espazo natural “Brañas de Xestoso” está considerado como ún dos hábitats de maior singularidade ecolóxica e valor científico con que contamos en Galiza, recoñecido pola UE como unha das mellores representacións das turbeiras altas do sur de Europa e, por esa razón, incluido na Rede Natura desde o ano 2004 como un Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Esta actuacion ilegal vai ocasionar danos moi graves nos seus ecosistemas.

ADEGA presentará hoxe na Xunta de Galicia, ante as distintas Consellerías competentes, a denuncia das obras do parque eólico Couto de San Sebastián por carecer da aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, solicitando, ademáis, a paralización inmediata da construcción. En opinión de ADEGA, a Xunta de Galicia debe actuar con rapidez para impedir que o espazo resulte completamente afectado e debe, tamén, determinar as responsabilidades que sexan pertinentes e impoñer as sancións que correspondan de acordo á normativa vixente.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/05/adega-denuncia-que-fomensa-hispania-comezou-as-obras-sen-dispor-de-licenza/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here