08/10/ 2007

‘la Caixa’ e a Consellería de Medio Ambiente están a acometer durante este ano 44 accións de conservación e xestión nos espazos protexidos de Galicia

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez e o delegado xeral en Galicia de la Caixa, Jesús de la Pedraja; Hernán Crespo, de Obra Social “la Caixa” e o director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza presentaron hoxe os primeiros proxectos medioambientais froito do convenio de colaboración firmado entre ambas institucións para potenciar e preservar as areas naturais de Galicia. Este acordo, que ten unha vixencia de tres años, suporá un investimento de 4,5 millóns de euros nas áreas protexidas de Galicia e prioriza a contratación de colectivos de persoas en risco de exclusión social. O monitoreo de hábitats de interese e prioritarios, a promoción de programas de atención e difusión ou a realización de material divulgativo sobre espazos naturais foron algunhas das actuacións que se realizan con cargo a este convenio

(more…)

“Ao PP acabáronselle as cacicadas”

Filed under: Prensa

ENTREVISTA: MANUEL VÁZQUEZ Conselleiro de Medio Ambiente

É responsable do PSOE en Ourense e da política ambiental da Xunta. Nesta entrevista anticipa algunhas claves do novo plan de tratamento de lixos e os motivos polos que reorganizou a instalación de piscifactorías e parques eólicos en zonas medioambientalmente protexidas. Para resumir o cambio político en Galicia, Manuel Vázquez di que "ao PP acabáronselle as cacicadas, xa non pode adiantar a ninguén nas listas de espera" (Publicada no Pais o 7/10/2007)
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here