Roteiro en defensa da Ría de Vigo
(more…)
A empresa "Fomensa Hispania S.L." iniciou as obras do parque eólico do Couto de San Sebastián no LIC Brañas de Xestoso sen ter aprobado o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, trámite que debe cumplimentar o Consello da Xunta. Os traballos xa causaron prexuizos irreparábeis nos hábitats e especies, algunhas prioritarias, protexidas pola Directiva de Hábitats. Diante destes feitos, ADEGA solicita ao Consello da Xunta que non aprobe o último trámite (incidencia supramunicipal) e proceda á paralización inmediata das obras á vista do proceder da empresa, que aplica a coñecida fórmula dos "fe¡tos consumados". Grazas a F. Azurmendi, A. Barbeito e D. Porto polas fotos. Ver QUERCUS 259Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here