11/10/ 2007

Esixen aos Concellos de Rasmirás e Cartelle solucionar a contaminación do río Arnoia

 A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) denuncia publicamente a situación do Río Arnoia ao seu paso polos concellos de Cartelle e Ramirás. Desde fai tres meses un control sanitario efectuado pola Delegación da Consellaría de Sanidade, ao comezo da tempada de verán, detectou problemas graves de contaminación das augas que levaron ás autoridades sanitarias competentes a tomar a drástica decisión de prohibir o baño na área recreativa da Pontenova. Éste importante espazo de lecer é unha gran zona de baño moi frecuentada polos veciños de toda a comarca da Terra de Celanova compartido administrativamente polos concellos de Ramirás e Cartelle.


Segundo puido saber ADEGA, as causas de contaminación derivarían dunha afectación por “Salmonelosis”, unha bacteria que podería ter a súa orixe nun vertido de leite non procesado, polos ou ovos. Un posíbel foco de contaminación ao que os veciños atribúen como causa da salmonelose podería estar relacionado cunha fábrica de queixos que está augas máis arriba do lugar afectado.

Durante o verán os veciños e visitantes non puideron facer uso das instalacións da área de baño coa conseguinte perda na calidade e imaxe do río Arnoia.

ADEGA esixe aos concellos de Cartelle e Ramirás que dean resposta ás preocupacións e enfados dos seus veciños ofrecendo solucións encamiñadas a mellorar a calidade das augas do río exercendo as competencias básicas en materia de “salubridade pública” para localizar o foco de vertido e impedir a contaminación por esta danina bacteria.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/11/esixen-aos-concellos-de-rasmiras-e-cartelle-solucionar-a-contaminacion-do-rio-arnoia/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here