12/10/ 2007

¡¡Cariño eres perfecto, xa te cambiarei!!

Filed under: Espazos Naturais, Prensa

Este é o título dun espectáculo musical "Te quiero, eres perfecto, ya te cambiaré". Está é a sensación que a veces teño,  dos Administradores deste pais cando se poñen a pensar. A Nosa Paisaxe e  perfecta, bella, fermosa, pero… habera que facer calquera cousa para cambialo.
isto volveume  á mente lendo esta nova na VOZ do venres
O CGAC proxecta construír un miradoiro de vangarda na Ribeira Sacra
Deseñan unha estrutura escultórica para revalorizar a paisaxe do Canón do Sil

(more…)

Novo Plano de Residuos: motivos para a esperanza

Filed under: Residuos

A Consellería de Medio Ambiente ven de avanzar aos grupos ecoloxistas as liñas básicas do novo Plano Galego de Residuos Sólidos Urbanos. O borrador, que será presentado no COGAMA (Consello Galego de Medio Ambiente) do 22 de outubro, contén as liñas mestras para a xestión dos RSUs no periodo 2007-2017. Nunha primeira valoración, semella que se pretende mudar o modelo SOGAMA, baseado na incineración, para dar máis pulo á reducción, á separación en orixe, á reciclaxe e á compostaxe. Porén, comprirá resolver millor cuestións como a comarcalización, certo sesgo "metanizador", definir claramente o papel da planta de Cerceda e presentar os orzamentos correspondentes.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here