12/10/ 2007

Novo Plano de Residuos: motivos para a esperanza

Filed under: Residuos

A Consellería de Medio Ambiente ven de avanzar aos grupos ecoloxistas as liñas básicas do novo Plano Galego de Residuos Sólidos Urbanos. O borrador, que será presentado no COGAMA (Consello Galego de Medio Ambiente) do 22 de outubro, contén as liñas mestras para a xestión dos RSUs no periodo 2007-2017. Nunha primeira valoración, semella que se pretende mudar o modelo SOGAMA, baseado na incineración, para dar máis pulo á reducción, á separación en orixe, á reciclaxe e á compostaxe. Porén, comprirá resolver millor cuestións como a comarcalización, certo sesgo "metanizador", definir claramente o papel da planta de Cerceda e presentar os orzamentos correspondentes.


Da reunión, tamén se desprende que a proposta presentada é un borrador inicial, un punto de partida para traballar nos próximos meses cos grupos ecoloxistas e colectivos sociais. ADEGA valora positivamente este feito xa que á marxe dos contidos, a participación e a implicación da sociedade é chave para que calquera modelo poida funcionar.

O plano presenta obxectivos cualitativos e cuantitativos que comprirá avaliar, e que deberán cristalizar en propostas e medidas concretas para facelos viábeis, e acompañarse dunha temporalización e dos orzamentos axeitados. Neste senso, ADEGA tratará que a reducción, a educación ambiental e a co-responsabilidade sexan as bases sobre as que se asente todo o sistema de xestión. Sen este compromiso, non será posíbel acadar os obxectivos de reducción, porcentaxes de recuperación, reciclado e compostaxe fixados para o periodo 2007-2017.

E polo que respeita á xestión da materia orgánica, semella que se pretende apostar pola compostaxe, mais con un sesgo evidente cara a metanización. Este feito pode deberse á unha certa visión economicista que insiste en propoñer solucións máis "atractivas" para as empresas (o metano xera enerxía eléctrica) e/ou a un desoñecemento das aplicacións comerciais e técnicas do compost. A metanización (ou compostaxe anaerobia) podería ser un sistema complementario ao da compostaxe aerobia, pero cómpre non esquecer que o lixo é un valioso recurso público que debe revertir os seus beneficios ao ambiente e á sociedade e non buscar só o interés privado. Eis unha das razóns do fracaso do modelo SOGAMA.

Tamén haberá que adatar a distribución das plantas de compostaxe propostas no Plano á realidade poboacional e xeográfica galega. No borrador fálase dun total de 3 novas instalacións, ao contrario do modelo centralizado de SOGAMA, pero aínda lonxe dunha comarcalización efectiva acorde co principio de proximidade e máis acaida á realidade galega.

Estas e outras cuestións importantes deberán resolverse no periodo de consultas públicas e durante a tramitación administrativa. ADEGA agarda que este bo comezo e as novas perspectivas que se abren para acadar un modelo máis sustentábel na xestión dos RSUs non se vexan frustradas.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/12/novo-plano-de-residuos-motivos-para-a-esperanza/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here