
A Lei de Ordenación da Minaría de Galiza está xa en trámite parlamentario. A minaría a ceo aberto constitúe unha actividade de graves impactos sobre o patrimonio natural e ecolóxico, sobre a paisaxe e sobre o territorio e usos do solo, que en non poucas ocasións ten dado lugar a importantes conflitos sociais. Cáseque a totalidade das explotacións mineiras en activo do país carecen das autorizacións necesarias para o exercicio da actividade (avaliación de impacto ambiental, autorización autonómica, licenza municipal, etc.) prácticas que os anteriores governos parecen ter consentido e mesmo estimulado a xulgar pola escasa acción sancionadora e a nula eficacia das medidas tomadas.
(more…)