talados, por orde municipal, exemplares centenarios dunha carballeira de propiedade publica
en trámite de ser incluída no catálogo de árbores senlleiras.
Son ben escasas as carballeiras de propiedade pública con que contamos tanto na provincia de Lugo coma no resto de Galiza. Na parroquia de Rioxoán, no concello lucense de POL, conservamos aínda unha carballeira de exemplares centenarios na que, ata non hai moito tempo, se celebraba unha importante romería, aorredor da capela adicada a Santa Petronila que hai no medio da carballeira e na que se conserva un valioso retablo barroco de mediados do século XVII, incluído, xunto coa capela, no inventario de bens catalogados. Na carballeira celebrababase tamén, – ata o 1947 -, unha importante feira quincenal, da que aínda ata non hai moito tempo se conservaban na carballeira alguns peitoriles de pedra usados como expositores. Trátase, pois, dun entorno que, – a maiores de constituir unha área de lecer natural para todos os veciños de Rioxoán e a maiores dos servizos ambientais que, como regulador do microclima e como paisaxe de singular interese, sempre ofrece unha carballeira -, constitúe un elemento inequívoco do noso patrimonio etnográfico e cultural.(more…)
