Este fin de semana o Proxecto Ríos realiza a terceira xornada do campamento de voluntariado ambiental no río Tea.
Durante o campamento realizaranse inspeccións e roteiros polo río Tea, nos arredores de Ponteareas e Salvaterra do Miño.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.(more…)
