24/10/ 2007

O Proxecto Ríos realiza unha saída formativa no concello do Barco de Valdeorras

O PROFESORADO DO BARCO ACHEGARASE A METODOLOXÍA DO PROXECTO RÍOS

Co inicio do curso academico o Proxecto Ríos comezou a campaña de outono. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

O 1 de setembro é a data na que os grupos que están a participar no Proxecto Ríos teñen a partires do cal poden achegarse ao seu río para facer a inspección do mesmo. Esta campaña extenderase ate o día 31 de outubro no que remata a citada campaña. Cos datos recollidos nesta campaña e os da pasada campaña de primavera realizarase o Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos, informe que se presentará o 15 de decembro.

Na mañá do xoves, 25 de outubro profesorado do concello do Barco de Valdeorras participarán nunha charla de presentación do Proxecto Ríos e despois acudirán ao río Sil coa finalidade de poñer en práctica a metodoloxía do Proxecto. Co material do Proxecto Ríos, manual de inspección, fichas, termómetros, tiras de pH e nitratos, follas de inspeccións, etc, avaliarán cal é a calidade do río elexido por eles.

Esta actividade enmarcase dentro das saídas formativas organizadas polo Proxecto Ríos con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, ampas, grupos ecoloxistas,…). As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios/as poda logo desenvolver o programa autonomamente.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/24/o-proxecto-rios-realiza-unha-saida-formativa-no-concello-do-barco-de-valdeorras/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here