25/10/ 2007

XVIII Micolóxicas do Condado

E van XVIII xornadas micolóxicas no condado, organizadas pola Asociación para Defensa da Natureza do Condado (ADENCO). Este ano conta coa novidade dos LUNS MICOLÓXICOS: . Como case todo o mundo acostuma a saír ao monte durante as fins de semana, os luns das Xeiras serán luns micolóxicos, é dicir, Adenco establecerá unha hora e lugar para que a xente que teña dúbidas asista a estes encontros para aclaralas. Serán os días 29 de Outubro e 5, 12 e 19 de Novembro, a partir das 20:00h na Casa da Triga de Ponteareas, na Praza Maior.

 Os programas son:

XEIRAS MICOLÓXICAS EN MONDARIZ BALNEARIO

27 e 28 de Outubro

1º Luns micolóxico, o 29 de Outubro a partir das 20:00h na Casa da Triga de Ponteareas

Sábado 27, Roteiro micolóxico saíndo ás 10:00h dende o Concello de Mondariz Balneario

Ás 20:00h, obradoiro micolóxico.

Domingo 28, dende as 11:00h, exposición anual de cogumelos, con visitas guiadas e xogos e obradoiros para os nenos e a exposición fotográfica ADENCO: defendendo a natureza dende 1990.

XEIRAS MICOLÓXICAS EN PONTEAREAS

3 e 4 de Novembro
Dentro da Feira de Outono en Ponteareas, na Praza Maior.

XEIRAS MICOLÓXICAS EN XINZO-PONTEAREAS

16, 17 e 18 de Novembro, Xeiras Micolóxicas, con actividades durante a fin de semana, pero aquí a saída ao monte será na tarde do sábado!

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/25/568/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here