Outra mobilidade é posible: adiante a Masa Crítica de Ponteareas!
As diferentes persoas que formamos parte da MC de Ponteareas decidimos celebrar que usamos a bici todos os últimos venres de mes, a partir das 20:00h, saíndo dende a Praza da Igrexa. Así, celebrarase unha MC o próximo venres 26 de Outubro e o próximo 30 de Novembro. Un paseo colectivo reclamando poder usar a bicicleta como un elemento máis do tráfico, respetando polo tanto as normas de circulación como un vehículo máis.
