28/10/ 2007

Concentración polo peche de ELNOSA o martes, 30 de outubro, ás 20:30 h

Filed under: Augas e Ríos

Como consecuencia da entrada en vigor da Directiva 96/61/CE de prevención e control integrados da contaminación e a súa transposición ao ordenamento xurídico do estado español a través da Lei 16/2002, ELNOSA precisa a Autorización Ambiental Integrada (AAI) antes do 30 de outubro de 2007 para poder  continuar coa súa actividade.

         A Xunta de Galicia arquivou a solicitude da AAI de ELNOSA, polo que a empresa non debería poder seguir con a súa actividade contaminante despois do 30 de outubro: ELNOSA ten que pechar este martes 30 de outubro.

         Diante da pasividade que está a amosar a administración, a APDR considera que non se pode dilatar indefinidamente está cuestión, nin por ineptitude nin por complicidade con ELNOSA. Á necesidade de recuperar a ría para a explotación racional do marisqueo, a pesca e o turismo, súmanse razóns legais suficientes: Obriga a lei e esíxeo a maioría.

         Ao marxe de consideración legais, a ninguén se lle escapa que non se pode permitir que unha instalación como ELNOSA poida continuar cos seus vertidos á ría e á atmosfera. Sobre todo hai que destacar a contaminación por mercurio, que afecta tanto polas emisións á atmosfera como polos vertidos á ría. Outro tanto pódese dicir da perigosidade  do cloro. É intolerable que ELNOSA continúe coa súa actividade  nunha zona tan densamente poboada.

         A nosa asociación está convencida de que só a mobilización popular poderá ser quen de romper a situación de impasse no que se atopan as administracións responsables. É neste contexto no que convocamos a todos os cidadáns  a participar nunha concentración o martes, 30 de outubro, ás 20:30 h do serán na Praza da Peregrina  como punto de partida dunha serie de mobilizacións que fagan posible acadar o peche do complexo ENCE-ELNOSA.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/28/concentracion-polo-peche-de-elnosa-o-martes-30-de-outubro-as-2030-h/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here