29/11/ 2007

Verdegaia organiza unha charla e unha exposición sobre Cambio Climático


Instituto de Ensinanza Secundaria A Guía, en Teis, acolle dende a semana pasada ata o próximo martes 4 de Decembro unha exposición sobre Cambio Climático promovida pola asociación ecoloxista Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción.

ADEGA denuncia as afeccións á Rede Natura do parque eólico da Toxiza en Mondoñedo

O parque eólico da Toxiza no Concello de Mondoñedo está a afectar novamente ao maltratado LIC Serra do Xistral. As afecccións dos parques eólicos aos espazos protexidos prodúcense principalmente pola construcción de pistas de acceso, das cimentacións dos aeroxeneradores, as liñas eléctricas de evacuación e subestacións e outras infraestruturas de almacenaxe. Estas construccións destrúen a cuberta vexetal e, coma neste caso, drenan zonas húmidas brañentas ou turbosas destruindo totamente estes hábitats fogar de diversas especies de plantas protexidas .

28/11/ 2007

ADEGA denuncia ante o SEPRONA unha concentración parcelaria en Vilatuxe (Lalín)

Filed under: Xestión Ambiental

A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de denunciar ante o Seprona de Lalín o inicio dunha concentración parcelaria na parroquia de Vilatuxe (Concello de Lalín). Membros do Seprona confirmaron a ADEGA que o inicio das obras carece dos permisos preceptivos, como por exemplo un estudo de impacto ambiental necesario por afectar ao LIC (Lugar de Interese Comunitario) Serra do Candán, pertencente á Rede Natura. A empresa responsable da desfeita é “Francisco Gómez y Cia S.L.” de Touro, posiblemente subcontratada por SPI con enderezo en Santiago de Compostela, adxudicataria das obras.

As obras da concentración parcelaria de Vilatuxe (Lalín) (ampliación da emitida onte 27 de novembro de 2007)

A concentración parcelaria, está sometido a procedemento de Estudio de impacto Ambiental, que a día de hoxe está a exposición pública, polo que estas obras non teñen Declaración de Impacto Ambiental.

Varios efectivos tratan de localizar a un grupo de visóns que escaparon dunha granxa próxima a Santiago

Varios efectivos tratan de localizar a un grupo de visóns que a primeiras horas desta mañá, por causas que se tratan de esclarecer, escaparon dunha granxa da zona de San Marcos-Lavacolla, próxima á cidade de Santiago de Compostela.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do Servizo 112, sobre as 6.30 horas de hoxe tívose coñecemento, a través da chamada dun particular, de que se escaparon entre 20 e 30 visións dunha granxa próxima á capital galega.

Así, deuse aviso do sucedido ao Corpo Nacional de Policía, á Policía Local, a Protección Civil, ao Seprona da Garda Civil e á Consellería de Medio Ambiente, á vez que se activou un operativo para tratar de capturar a estes animais.

O Servizo 112 pide aos cidadáns que non intenten atrapar a un visón, xa que son agresivos, e recomenda chamar para que sexan os efectivos activados ao efecto os que se encarguen de recuperar ao animal.

Fontes da Consellería de Medio Ambiente indicaron a Europa Press que na granxa na que se atopaban os visóns atópanse membros do departamento de Conservación dá Natureza e do Seprona, co obxectivo de coñecer o número exacto de animais fuxidos e investigar as causas do sucedido.

Dáse a circunstancia de que a principios de xullo de 2005 produciuse a Fronte de Liberación Animal liberou intencionadamente á maioría dos 35.000 visóns dunha granxa na mesma zona.

27/11/ 2007

Verdegaia demanda que se resolvan os inconvenientes ambientais que presenta a depuradora sur da ría de Ares antes de executar o proxecto definitivo.


En relación á nova sobre á contratación da redación do proxecto definitivo, execución e explotación da Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.) prevista en Punta Avarenta (Ares), queremos lembrarlle á Xunta de Galicia que todavía non se contestaron ás alegacións presentadas por particulares e entidades ao anteproxecto, entre elas as de Verdegaia, nas que, estando de acordo coa necesidade de depurar urxentemente as augas residuais dos concellos de Fene, Ares e Mugardos, vese necesario o afastamento da E.D.A.R. da ribeira da ría, así como a súa integración no contorno natural, co obxecto de reducir ao máximo posíbel o impacto ambiental de dita instalación sobre a Rede Natura (L.I.C. "Costa Ártabra") e sobre a marxe norte da Ría de Ares que a propia Xunta de Galicia propón incorporar á Rede de Espazos Naturais Protexidos, comprendida entre Punta Avarenta e Punta do Castelo.

A Consellería de Medio Rural detrás dunha importante agresión á Rede Natura 2000


O movemento ecoloxista expresa a súa máis enérxica repulsa a un modelo de concentración parcelaria que imita a política que o PP realizou en 16 anos.


A FEG poñera en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente sobre o inicio das actuacións de  execución dunha concentración parcelaria na parroquia de Vilatuxe no Concello de Lalín, para que investigue se hai indicios de delito e de irregularidades administrativas en canto ao incumprimento da normativa ambiental e de protección sobre espazos naturais protexidos e sobre a protección do solo protexido.

ADEGA e o SLG entregan no Parlamento Galego as conclusións das Xornadas da Minería celebradas en Vilalba

Filed under: Xestión Ambiental

Piden aos grupos parlamentarios unha revisión da Lei da Minaría en tramitación para garantir a compatibilidade da actividade mineira co medio ambiente e a actividade agraria

Na mañá de hoxe a Lei de Ordenación da Minaría iniciou o seu trámite parlamentario co debate en Pleno dunha enmenda á totalidade presentada polo grupo parlamentario do Partido Popular. Con tal motivo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza e o Sindicato Labrego Galego fixeron entrega aos tres grupos parlamentarios das conclusións das Xornadas que sobre actividade mineira e a Lei de ordenación da Minaría se celebraron en Vilalba no mes pasado

26/11/ 2007

AXENDA: Actividades e convocatorias

28, 29 e 30 de novembro
"Semana de Cine Submariño en Vigo"

28 e 29 de novembro
"ciclo de conferencias titutado O mar a través dun obxetivo"

Sábado i de decembro Premios semente/cemento (entrega)

Acción conxunta Galego-Portuguesa na defensa da Rede Natura

O pasado 24 de novembro activistas galegos e portugueses de ADEGA e a Quercus realizamos unha acción de protesta conxunta ante a desfeita ambiental provocada pola construcción dunha macroplanta acuícola de Pescanova en Praia de Mira (Distrito de Coimbra). Na visita organizada polos compañeiros ecoloxistas da Quercus comprobamos o grave impacto ambiental consistente no aterramento dunha enorme estrada en zona de duna vexetada con piñeiros así como a destrucción de 80 hectáreas de piñeiral sobre campo areoso, en plena Rede Natura.

25/11/ 2007

O Parque Nacional das Illas Atlánticas incumple a súa propia lei de declaración

Verdegaia denuncia a demora na aprobación do Plano Reitor de Uso e Xestión (P.R.U.X.) do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia a inxustificada demora, de máis de catro anos, que está a sufrir a aprobación do Plano Reitor de Uso e Xestión (P.R.U.X.) do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

24/11/ 2007

Desfeita no Suído

Filed under: Augas e Ríos

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural destrúe parcialmente unha turbeira (hábitat prioritario segundo a Directiva 92/43 CEE) nas obras dunha nova captación de auga

ADEGA demanda das administracións e da cidadania medidas que contribuan a un nadal máis ecolóxico

O nadal é a época do ano nas que máis aumenta o consumo, especialmente de enerxía e de producción de residuos.

Santiago de Compostela, 23 de novembro do 2007 (Día Internacional sen compras). Nas últimas decadas o nadal pasou de ser unha celebración sinxela e “austera” a converterse na máxima expresión dunha sociedade opulenta, despilfarradora e insolidaria, co planeta e cos seres que nel habitan. Se a sociedade occidental é coñecida como a sociedade do consumo, en nadal convértese nunha sociedade hiperconsumista. Maís premendo

O CES organiza unha actividade da historia XEOLÓXICA do litoral

sábado 24 de novembro, o Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza a actividade aberta mensual correspondente a este mes: O SEGREDO DAS ROCHAS. Nesta ocasión a actividade estará adicada ás rochas e á paisaxe costeira da nosa comarca.

21/11/ 2007

A Asemblea do Suído amosa que o Concello de Covelo incumpre as bases do programa “Núcleos de Sostibilidade Integrada”

A Asemblea do Suído insta á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e ao Concello de Covelo a que se expliquen polo incumprimento das bases do programa “Núcleos de Sostibilidade Integrada”. Máis na páxina da FEG

Efectos do prestige (V. 3.0.0.)

O prestige segue de moda, e seguen a sair datos informes e estudos das súas consecuencias.
Primeiro foi o informe dos efectos causados nos voluntarios da limpeza; logo o estudo do CSIC e dos niveis de hidrocarburos en sangue nas gaivotas patiamarelas; e agora sae aos medios os efectos sobre os corvos mariños cristado. Este informe non é novo, e xa fora publicado no ano 2005 na revista Marine Ecology (ver resumo), e eu coñecino, o estudo, ao estar traballando unha tempada con un dos autores. O raro é que non se publicitara antes.
Atribúen este problema da redución reprodutiva a un dos peixes básicos na época de cría, o bolo, e a verdade é que, e por poñer un exemplo, antes do prestige na lonxa do Grove/Ogrobe (amiña misión e resolver este entorto) puxábase este peixe, e o ano pasado e este, na mesma lonxa non vin ningunha caixa (e nas mesmas datas, pura observación, non pretendo que sexa dogma).
Polo que o corvo mariño cristado nos está a dicir, que non todo está recuperado.
(more…)

20/11/ 2007

Nace a web de troco e cesión VIGOTROCA

Dende hai xa uns cantos meses, un grupo de asociacións de Vigo estamos desenvolvendo actividades para potenciar na nosa contorna o troco e a cesión de bens como un medio alternativo, ecolóxico e fondamente xusto de cubrir as nosas necesidades habituais. máis na FEG  
A dirección da web é: http://vigotroca.arkipelagos.net

“un problema de todos” e chama á mobilización cidadá en defensa da “calidade ambiental e o dereito á saúde”.

ADEGA da Coruña sumarase á concentración convocada pola Asociación Veciñal dos Castros o próximo xoves diante á Autoridade Portuaria

A delegación coruñesa da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) vén de decidir o seu apoio á decisión da Asociación Veciñal Oza –A Gaiteira –Os Castros de retomar a mobilización social contra os negativos efectos sobre o medio ambiente e a saúde das descargas de carbón e outras substancias no recinto portuario da Coruña. Así, ADEGA estará presente xunto ás veciñas e veciños das zonas máis próximas ao recinto no que se efectúan as descargas na concentración convocada para o próximo xoves 22 de novembro ás oito do serán frente ao edificio da Autoridade Portuaria coruñesa. máis na web da FEG.

19/11/ 2007

ZEPA de a Limia: Mesa de negociación

Filed under: Espazos Naturais, Prensa

Europa press manda unha nova na que os sindicatos e ecoloxistas van falar o 30 de novembro polo tema da Limia!. Supoño que é unha cita consensuada con esas tres asociacións ecoloxistas, e que esas tres asociacións ecoloxistas decidiron que so ían elas a negociar, que as outras non temos nada que dicir. Suponse que se tivo unha reunión previa con elas para facer camiño, o mesmo que se fixo cos sindicatos, pois non será obxetivo da xunta mandalas aos lobos sen falar con elas previamente.

Que di a nova:
(more…)

A industria galega ecolóxica?

Filed under: Prensa

Europa press, acaba de colgar da súa web, despois noutros medios dixitais, na que segundo datos do INE, en Galiza é a cuarta autonomía Española onde a industria máis invirten en Medio Ambiente. Por desgracia a nova quédase en iso, polo que queda totalmente a medias.

En que esta a invertir?, Están en arranxar algo dos problemas que máis provocan?, ou son dos típicos investimentos de imaxe para quedar ben. Polo que eu saiba as industrias contaminantes dos nosos ríos non están a montar ningunha depuradora (polo xeral a estamos a pagar todos ou van ao río), poucas están a montar filtros para ser menos contaminantes atmosféricos, ou inversións para protexer especies ameazadas (máis ben non é o primeiro niño tirado dun poste da luz.

Seguiremos informando.

A nova di:
(more…)

18/11/ 2007

En relación ao incendio de carbón na “MEDUSA” do porto da Coruña

Filed under: Denuncia, Contaminación

Dende o pasado día 14 esta a producirse unha combustión no almacén para a descarga de carbón que a empresa Unión Fenosa ten no porto da Coruña, popularmente coñecido como “ A Medusa”. O cheiro “a fume” e a “gas” é percibido por moitos dos ciudadans. Máis na páxina da FEG

17/11/ 2007

Patrimonio sanciona o Concello de Moaña

O 15 de outubro a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Deporte RESOLVEU impoñer ó Concello de Moaña unha sanción de 12.000 euros como responsable da outorgación de catro licenzas de obra á empresa Cordeiro S.L. dentro do ámbito de protección do xacemento “Castro de Ladrados” (GA36029016), no barrio de Quintela, sen contar coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. máis na páxina da FEG

Nace a rede ‘’GALIZA NON SE VENDE'’

Filed under: Augas e Ríos

As organizacións e colectivos que conformamos a Rede Litoral Vivo, entendemos necesario estender a rede cidadá para incorporar a outras plataformas e entidades cívicas cuxo principal obxectivo é acadar unha xestión máis sustentábel e solidaria dos nosos recursos naturais e pular por unha ordeación do territorio racional e socialmente xusta. Alén do litoral, hoxe están ameazados grande parte do noso patrimonio natural, histórico, etnográfico e mesmo os xeitos de producción propios, pola extensión dun modelo económico insolidario e depredador ao servizo dos intereses capitalistas e especulativos. Máis

16/11/ 2007

Verdegaia ve inxustificada a urbanización proxectada no Monte Piñeiro (Miño); é unha nova operación inmobiliaria.

Filed under: Xestión Ambiental

Advirte dos efectos negativos da pretendida urbanización sobre a Marisma de Baixoi e a Praia Grande de Miño.

Demanda a creación dunha grande área verde no Monte Piñeiro en sustitución da urbanización.

O núcleo comarcal de VERDEGAIA (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) informa que formulou alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental relativo ao proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable R – 3- O Piñeiro no Concello de Miño (D.O.G. nº 185 do 24/09/2007). Este proxecto, lonxe de velar "… por los intereses de todos los ciudadanos de Miño, desde el punto de vista ambiental, … social …" como se chega a afirmar no E.I.A., executaríase sobre unha ampla superficie agreste susceptíbel de ser aproveitada como unha grande área verde encostada á vila de Miño, destinada ao lecer da veciñanza e a actuar como freo do imparábel avance urbanístico cara a Marisma e cara a Praia Grande de Miño. Máis

Cidadáns de primeira e de segunda: cuestión de cartos

O Faro de Vigo ven de publicar unhas declaracións do Director do Cluster (termo inglés, pois é moi vulgar o termo castelán/galego de grupo, federación, coordinadora…; ¡¡pedantería!!) da Acuícultura de Galicia, nas que pide un trato de favor para súas empresas. ¿Por que? ¿Logo non son ciudadás como os outros?
(more…)

15/11/ 2007

Vigo “alumea” o cambio climático


Verdegaia denuncia o excesivo alumeado de nadal que se vai instalar este ano na cidade de Vigo

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que a cidade de Vigo, pertencente á Rede Española de Cidades polo Clima, terá este ano “o honor” de ser unha das primeiras do estado en acender as súas luces de nadal cun alumeado que non será “para nada insignificante”: téñense pensado instalar 4.000 motivos, tanto nas rúas céntricas como nas da periferia e nas parroquias. Máis aquí

5 años do Prestige. 5 anos sen solucións

Filed under: Litoral, Contaminación

Impactos ambientais que continúan e non se avalían, marea cincenta de urbanizacións e infraestruturas, avanzos lexislativos insuficientes, problemas para a saúde, e un modelo de transporte que xerará máis desastres no futuro, é o balanzo do accidente do Prestige 5 anos despois para Ecologistas en Acción, a Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia. Máis premendo sobre estas liñas

 
     

Estamos de Apagón

Filed under: Convocatoria, Enerxía

Durante cinco minutos a FEG apagouse

Aviso para navegantes

Non vou ser eu o que opine sobre este artigo do Pais

"A xente perdeu o medo ao poder"

Os escritores Rivas e De Touro destacan o cambio que desatou a marea negra

(more…)

14/11/ 2007

Verdegaia chama a participar no apagón contra o cambio climático

Filed under: Enerxía, Contaminación


Demanda accións para reducir as emisións

O apagón “Fronte ao cambio climático: actúa xa” é unha iniciativa cidadá convocada por 152 organizacións e entidades de todo o Estado español, entre elas a asociación ecoloxista galega Verdegaia. Celebrarase mañán 15 de novembro, de 20:00 a 20:05 h, e o seu obxectivo é sensibilizar sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes perante a ameaza do cambio climático. Verdegaia demanda accións á Xunta e aos Concellos para reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) desde Galicia, que aumentaron un 30% entre 1990 e 2004, o último ano para o que a Xunta divulgou datos. Máis premendo aquí

ADEGA demanda medidas estruturais na xestión da auga

Filed under: Enerxía, Contaminación

Ante a seca, ADEGA demanda medidas estruturais na xestión da auga


O grave episodio de seca que estamos a viver nestes meses na Galiza non é un suceso puntual, pola contra vense engadir aos que xa sufrimos nos últimos anos. Lamentablemente a problemática da auga só está de actualidade durante as épocas de seca, e deixa de estalo unha vez chegadas as chuvias, é dicir unha vez “solucionado" o problema. Máis premendo nesta liña

15-N: APAGÓN contra o cambio climático

Filed under: Enerxía, Contaminación

Con motivo da presentación do Informe Científico da ONU sobre o cambio climático esta semana en Valencia, organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadáns do Estado español convocan un APAGÓN co lema “FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA”, para o día 15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 da tarde. A convocatoria é aberta e consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo, instalacións e equipamentos públicos neses 5 minutos en favor do planeta. Convidamos a adherirse ás persoas e entidades que desexen chamar atención da sociedade e das institucións sobre a necesidade de tomar medidas urxentes ante esta grave ameaza.

As organizacións que convocan este apagón son:

Ecologistas en Acción, Greenpeace, WWF/Adena, Amigos de la Tierra, SEO/BirdLife, Movimiento Clima, CCOO, UGT, Confederación de STES, Fundación Nueva Cultura del Agua, Paz Ahora, Coordinadora de ONG de Desarrollo, Entrepueblos, Fundación IPADE, Fundación Natura, Fundación Tierra, ACSUR, Asociación Permacultura, Mountain Wilderness, CECU, Justicia y Paz, Intermón-Oxfam, Fundación Ecología y Desarrollo, ADEGA, ADENEX, Acció Ecologista-AGRO, Coordinadora Ecologista d’Asturies, Organització Ecologista L´Escurçó (Tarragona), Fundació Terra, Verdegaia, Asociación Medioambiental La Cirigüeña de Morcín, Colectivo Ecologista de Aviles, Agrupacion Colectivos Asturianos, Avall de Llanes, Green de Carreño, Grupu d’Ornitoloxia Mavea, Ereba, Ecologia y Patrimonio, Jóvenes Verdes, Liberación-Amauta, Pedalibre, Plataforma 2015 y más, Federación Regional de Asociaciones de Vecinos de Madrid, CGT de Madrid, Campaña ¿Quién Debe a Quién?, Globalízate, Plataforma Jarama Vivo, Plataforma Ciudadana Contra la Refinería, Térmicas No-Aire Limpio, Plataforma Antitérmica de la Pereda (Mieres-Asturias), Intersindical Valenciana…

13/11/ 2007

Quinto ano da era Prestige

Cinco anos, cinco, queda menos. Durante estes días falouse, fálase e falarase moito do Prestige, pola súa conmemoración, e moitas veces, de balde. Pero queda demasiado por coñecer e que irá saíndo pinga a pinga, ou fio a fio. Mostras son os estudos sobre a influenza na saúde dos que se foron as praias a limpar, o que non facían por aquel as Administracións (proba que o voluntariado é algo solidario, pero tamén reivindicativo, outra forma de denuncia, e non algo que ten que dirixir e mandar as institucións oficiais), ou o que acontece co estudio das gaivotas patiamarelas, presentado polo CSIC.

Pensar que Nunca máis haberá, é unha utopía, pero haberá que tentalo e forzar políticas para evitalo.
(more…)

LUITA VERDE non retira recurso de reposición ó proxecto de recuperación ambiental do entorno da praia e marisma de Vilariño

O Grupo Ecoloxista LUITA VERDE decidiu en asemblea celebrada o pasado sábado 10 de novembro, que non vai retirar o RECURSO DE REPOSICIÓN interposto en tempo e forma o 21-03-2007 ó proxecto de RECUPERACIÓN AMBIENTAL DEL ENTORNO DE LA PLAYA Y MARISMA DE VILARIÑO, T.M. DE CANGAS (PONTEVEDRA), aprobado e promovido o 5 de febreiro de 2007 pola Dirección Xeral de Costas e sigue solicitando modificacións en base ó alegado na fase de información pública do proxecto, e así llo vai comunicar ó Servicio Provincial de Costas en Pontevedra. Hai máis premendo sobre esta liña

Verdegaia solicita á DGT que regale bicicletas no canto de financiar permisos de conducir

Filed under: Transporte

Fronte á Campaña da Dirección Xeral de Tráfico, pola que correrá a cargo dos xuros de ata 1000 euros a 36 meses, para que as persoas de entre 17 e 25 anos poidan sacarse o carné de conducir; a Verdegaia solicitou a este organismo que, polo mesmo custo, regale bicicletas como medio transporte non agresivo, saudable e respectuoso co medio ambiente. Ler máis premendo eiquí

Ante a seca, ADEGA demanda medidas estructurais na xestión da auga

Filed under: Augas e Ríos

O Observatorio da Sostenibilidad en España indica que nos últimos 75 anos a disminución de precipitación foi case dun 10%.

O grave episodio de seca que estamos a viver nestes meses na Galiza non é un suceso puntual, pola contra vense engadir aos que xa sufrimos nos últimos anos. Lamentablemente a problemática da auga só está de actualidade durante as épocas de seca, e deixao de estar unha vez chegadas as chuvas, é decir unha vez “solucionado o problema”. Máis premendo eiquí

5 Anos despois, outro PRESTIGE aínda é posible

O accidente do buque Prestige ocasionou unha auténtica catástrofe ecolóxica nas costas galegas. Numerosos enclaves naturais, entre eles 20 Lugares de Interese Comunitario da Rede Natura 2000, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, seis zonas húmidas do convenio internacional Ramsar no noso litoral e tamén Zonas Especiais para a Protección das Aves (ZEPAS), foron afectados. Máis de 120.000 persoas víronse directa ou indirectamente afectadas no seu medio de vida (a pesca, o marisqueo, turismo…). Máis premendo eiquí

11/11/ 2007

Catástrofe ecolóxica no Xallas: a Xunta paga a súa permisividade con Villar Mir

Filed under: Augas e Ríos

 

 Diante da grave situación que atravesa o encoro da Fervenza, no Xallas, con evidentes irregularidades e continuos incumprimentos dos caudais ecolóxicos que xa deixaron milleiros de peixes mortos, a Xunta ven de anunciar a apertura dunha investigación. No entanto, ADEGA lembra que en xullo deste ano, a Xunta concedeu 3 novos aproveitamentos a Ferroatlántica, enaxenando de facto o treito final do Xallas a Villar Mir. Con estes, son xa 8 centrais hidroeléctricas 4 encoros nun treito de 9 km de río, por non falar do "secuestro" dunha das marabillas naturais de Europa: a fervenza do Xallas no Ézaro.

Máis premendo eiquí 

Que dí a prensa
(more…)

08/11/ 2007

As cancelas do Monte

A Consellería de Medio Ambiente anunciaba o derribo do cercado en maio deste ano. Logo das xestións acordadas entre esta administración e a empresa explotadora do coto de caza, Tecsagés, quedaba conveniado o levantamento do citado cercado por considerar que se estaban causando prexuízos a unha zona de alto valor ecolóxico nomeada Lugar de Importancia Comunitaria.
Isto é unha denuncia feita por amigos da terra onte, e que non podemos facer outra cousa que unirnos a dita demanda.
Últimamente,  estase a facer con moita facilidade o de por cancelas ao monte…
(more…)

06/11/ 2007

A proposta do líder do PP só responde a intereses eleitorais e empresariais

ADEGA REXEITA A PROPOSTA DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO PARA RETOMAR O PLANO ACUÍCOLA DA ERA FRAGA
ADEGA rexeita frontalmente a proposta de Alberto Núñez Feijoo para retomar o plano de acuicultura aprobado pola anterior Xunta de Galiza.

(more…)