05/11/ 2007

Corrubedo 4-N: Marea de Dignidade

Filed under: Augas e Ríos

Este pasado día 4, milleiros de persoas démonos cita en Corrubedo para defender a costa da barbarie depredadora das transnacionais do peixe que queren ocupar máis de 3 millóns de m2 dos nosos espazos costeiros millor conservados. Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. Sra. Conselleira: A COSTA É GALEGA E NON DE NORUEGA!. Clica para ver as fotos do acto.

(more…)

Como nos ven fora?

Filed under: Augas e Ríos, Prensa

Ás veces, hai que mirar que pensan fora do noso territorio, para ver que pensan de nos e si o noso traballo o temos ben enfocado. E para iso recomendo a entrevista, pero tamén, para os que poidan ir, á charla que realizará mañá, Joaquín Araujo en Ourense. Tamén o recomendo, ao SR. Alcalde, políticos e sindicatos da Limia para para que lle pregunten sobre os beneficios dunha ZEPA e a agricultura. Esta é a entrevista publicada polo xornal da Rexión.
(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here